28/02/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A deriva do equipo de goberno abarca todos ou practicamente todos os seus ámbitos de actuación
O último o de prohibir a difusión dos puntos da orde do día dos Consellos de Goberno é unha proba máis, o control da información o seu filtrado e que chegue só aos axentes “apropiados” foi sempre un exemplo de comportamento antidemocrático, e de ditadura.
O secretario xeral, coa súa intervención no
Consello de Goberno do día 25/02/2010 explicitou ás
claras a dirección pola que a institución pretende
camiñar.
Isto abre un novo fronte de confronto, se a
institución se marca como obxectivo o control da
información, que non nos enteremos do que pasa para
así poder dirixir mellor, activaremos mecanismos de
resposta.
Primeiro, por considerala de todo punto
antidemocrática, declarámonos insubmisos a esa orde.
Se a partir de agora, despois de que o secretario
xeral advertise de que daría orde á lista de PAS
para que non se difundisen, a través dela, as ordes
do día dos Consellos de Goberno, propoñémonos
activar unha lista alternativa. Xa o fixemos
noutras ocasións e, cos que ían cambiar a
universidade de xeito progresista, tamén o temos
que facer.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript