febreiro de 2011
 
 

21/02/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Privatización da residencia universitaria

Compre neste tema, ao noso parecer, pasar das declaracións á acción.

 

  • Noticias relacionadas

Unha vez coñecida a intención da Xunta de proceder á privatización da xestión da residencia corresponde facerlle ver que comunidade universitaria e a sociedade en xeral non transixirá a privatización dun servizo público que, unha vez en man de intereses privados, escapará ao control público e representará para os/as usuarios/as dese servizo un inevitable encarecemento, desaparecendo o se aspecto social.

Nestes últimos días, despois do rexeitamento da universidade e do noso sindicato, coñecemos, tamén, a posición dos afectados polas expropiacións que, até agora, tiñan como interlocutor á Xunta e á Universidade e que agora ven, unha vez máis, con incerteza o cumprimento dos compromisos acadados coas institucións.

Tamén o BNG ven de posicionarse ao respecto.

Entendemos, desde o noso sindicato, que non se pode agardar a que se consolide a dita privatización para facer patente a discrepancia. Corresponde principiar un movemento, dentro e fora da UDC, que conclúa na realización dun acto importante e que expoña, ás claras, ese rexeitamento..

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript