21/02/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Pensamos que as eleccións sindicais son o primeiro paso dun acto que nos compromete a todas/os (traballadores/as e representantes). Pasou o tempo do “vota e cala” se en política non aceptamos que os candidatos se acheguen aos electores só en épocas de eleccións, moito menos nas eleccións sindicais.
Os delegados e delegadas, as xuntas de persoal teñen
que comprometerse a vehiculizar as decisións de
traballadores/as tomadas en asembleas decisiorias.
Deben establecer cos seus representados un vínculo
de compromiso e mutua confianza.
Por estatutos, por decisión de todos os
afiliados/as o noso é un sindicato asembleario.
Entendemos, por principios, que, nos órganos de
representación, debemos actuar cos traballadores/as
pero non suplantar ou impedir a súa voz nin coartar
as súas decisións.
O ideario que guía a Alternativa de PAS Asemblearia
no Claustro é, perfectamente, trasladable aos
demais procesos electorais. A nosa confianza nos
compañeiros e compañeiras que se presentan baixo
estas siglas nas eleccións á Xunta de PAS é
absoluta.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript