febreiro de 2011
 
 

21/02/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Coa Lei Sinde O Goberno poderá bloquear webs aloxadas no estranxeiro

ldo Olcese, presidente da Coalición de Creadores, o grupo de presión da industria cultural e do entretemento no noso país, non tardou en mostrar a súa satisfacción pola recén aprobada Lei Sinde. Ademais, sinalou que xa comezou a "eclosión" da oferta legal en Internet e que os usuarios que non a encontren é " porque non queren".

 

  • Noticias relacionadas

Olcese respondeu aos internautas nun encontro dixital organizado por elmundo.es. O presidente do lobby da industria cultural en España acolleu cos brazos abertos a Lei Sinde e expuxo as supostas bondades que esta norma para pechar páxinas web traerá para os creadores e a industria do noso país. "Tede por seguro que con esta nova lei se abren expectativas reais moi boas para o futuro da Rede e para a satisfacción de todos", asegurou.

O presidente deste grupo defendeu o proceso que implanta a lei e advertiu tanto ás páxinas web de enlaces que serán perseguidas e censurada como aos usuarios que recorren a elas para visualizar ou descargar contidos que teñan en conta que a norma aprobada inclúe o bloqueo de acceso dos internautas españois a páxinas aloxadas no estranxeiro".

Unha das maiores críticas vertidas sobre o seu sector é a ancoraxe que sufriu nun modelo de negocio desfasado coa chegada de Internet e non ter sabido adaptarse. Ante isto, Olcese contestou que existe unha grande oferta legal. "É evidente que, tras a aprobación da Lei, a oferta legal se vai desenvolver, de feito, xa se veu vendo unha eclosión da devandita oferta ante a inminencia da aprobación do texto legal", afirmou. Ademais, advertiu que "que non encontre unha oferta legal en Internet é porque non quere encontrala. Cuestionado sobre o inmobilismo do modelo de negocio, Olcese declarou que "a industria cultural soubo sempre conectar co seu público, e aí están as evidencias de décadas de boa traxectoria empresarial e de satisfacción dos clientes".

Interpelado sobre as exitosas cifras conseguidas por empresas do entretemento a pesar das descargas, Olcese apuntou que non son precisamente a maioría xa que "a triste realidade é que no conxunto da industria cultural o declive de vendas e resultados nos últimos anos foi lamentablemente espectacular, e que (...) perdeuse unha cifra enorme de facturación polas descargas ilegais e, polo tanto, tamén se perderon moitas oportunidades de creación de emprego".

Críticas ás que non apoian a lei antidescargas

Ata dous membros de videoclubs interviñeron na charla a favor da Lei Sinde, aos que Olcese felicitou por continuar o seu negocio e lles asegurou que "a lei vai protexelos en moitos dos escenarios. Ademais, a súa tendencia será a evolucionar para reducir de xeito moi significativo a pirataría en España". Sobre a supervivencia deste tipo de establecementos alleos á Rede, Olcese indicou que non cre "na substitución total de mercados". "Creo que os diferentes mercados convivirán e se potenciarán mútuamente. Veremos apostas moi determinadas e comprometidas no ámbito de Internet, e seguiremos véndoas fóra del", declarou. Por outro lado, Olcese tamén tivo palabras para os que están en contra da norma: "Os que están en contra da Lei Sinde son unha evidente minoría".

En definitiva, confirmado queda o bloqueo a páxinas web que puidesen ser ilegais coa entrada da nova lei. Non será necesario que estean aloxadas no noso país para que non se poida acceder a elas, senón que a Coalición gábase de que os internautas non poidan entrar en páxinas aloxadas en países estranxeiros, onde poden ser perfectamente legais. Aínda así, os problemas da industria poderían continuar, e aínda que Olcese non fixo mención algunha a iso, os usuarios son o seguinte obxectivo da industria se a lei non consegue o seu obxectivo..

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript