febreiro de 2011
 
 

21/02/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O Goberno atrasa ao próximo venres a aprobación da Oferta de Emprego Público 2011

Os pricipios que rexen a actuación do goberno estatal reflíctense no art.º 23 da lei de Presupostos Xerais do Estado para o 2011 e o Plan de Axuste para reducir o déficit, que poñen as bases para a destrución de emprego público e a conseguinte desaparición de imprescindibles servizos públicos.

 

  • Noticias relacionadas

Mentres o Goberno mira para outro lado nas altas taxas de temporalidade nas AA.PP e, paulatinamente, vai recorrer á privatización dos servizos, o que afectará a toda a cidadanía e, sen dúbida, máis aos sectores da poboación que máis precisan dos servizos públicos.

O día 18 agardábase que no Consello de Ministros o Goberno do Estado decidise a Oferta de Emprego Público do ano 2011, non foi así, esta decisión vai ser tomada no seguinte Consello do día 25.

Chaves explicou hai uns días que a OEP de 2011 limitará a taxa de reposición de efectivos ao 10%, como xa ocorrese en 2010. Isto significa que de cada dez funcionarios que se xubilen, só se cubrirá unha praza.

O mantemento da taxa de reposición no 10% inclúese dentro dos compromisos do Executivo para reducir o déficit público, que se acompaña ademais da conxelación salarial dos empregados públicos durante este ano.

Esta taxa de reposición contén como excepción os corpos de funcionarios docentes, cuxa taxa de reposición será de até o 30%, segundo precisou Chaves.

Unha incoherencia máis dun executivo que, manifestando a súa preocupación polo paro, prima a creación de emprego precario nas empresas privadas e destrúe postos de traballo nas AAPP.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript