febreiro de 2011
 
 

21/02/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Visto para sentenza o Conflito Colectivo presentado pola UGT contra o desconto do 5% ao PAS laboral

O pasado día 17 tivo lugar a vista do Conflito Colectivo. Nese acto retiraron a demanda que polo PDI laboral, e polo mesmo motivo, interpuxera contra as universidades públicas galegas (é moi posible que a sinatura do convenio colectivo dalgún xeito os compense). Hoxe, o Comité de Empresa, presentará a súa demanda.

 

O proceso seguiuse en tres partes, un por cada universidade.

Esencialmente as argumentacións das universidades xiraron entorno a:

*.- Se a demanda é de inconstitucionalidade este tribunal non está capacitado para tomar esa decisión, os demandantes debería dirixirse ao Tribunal Constitucional.

*.- O R. Decreto establece que a redución salarial afecta expresamente ás universidades. A modificación dos orzamentos que realizou a Xunta tamén contemplan ás universidades.

*.- O acto suxéitase a toda a normativa legal.

*.- O desconto non contravén ningún artigo da Constitución porque non ten efecto retroactivo.

 

*.- Non existe ningún dereito consolidado pois a normativa estatal pode establecer o crecemento, conxelación ou decrecemento dos salarios na Administración Pública.

*.- Ao ser parte da Administración Pública as universidades poden limitar o dereito á negociación colectiva. Non son empresas públicas. Segundo sentenzas ( dinse unhas cantas) a administración, no seu seo, non está obrigada a respectar convenios que contraveñan a lexislación vixente.

*.- Se as universidades non aplicasen o R.Decreto incorrerían nunha ilegalidade.

Por estes motivos, e outros que non fun capaz de recoller, establecen que a demanda debe ser desestimada.

Os sindicatos, todos, reafírmanse na demanda e contestan, sobre todo, o aspecto de inconstitucionalidade. Esencialmente establecen que de existir dúbidas, nin sequera certezas, de inconstitucionalidade debe ser este tribunal, primeiro no que esta parte ( a social) pode actuar, o que as ten que elevar ao Tribunal Constitucional. Non existe a posibilidade de acción directa, ten que ser a través dos xulgados.

O Comité de Empresa da Universidade da Coruña, único presente, a parte de reafirmar o que dixeran os sindicatos quixo aclarar que as universidades non son, como se dixera, administración pura e dura, onde todo o orzamento deriva, neste caso, da Xunta. Parte do orzamento das universidades deriva das matrículas e de outras circunstancias e empresas que traballan no seu seo.

O Consello Social é o órgano encargado de asegurar o orzamento para a axeitada execución dos seus fins. Foi o encargado de aprobar o noso Convenio Colectivo, debería ser, á súa vez, quen aprobara a súa modificación.

A universidade, ten un procedemento para aprobar e modificar o orzamento, primeiro ten que aprobarse no Consello de Goberno e despois no Consello Social. Sendo unha modificación importantísima dos orzamentos a Universidade non procedeu como regulamentariamente debería.

O feito de non proceder segundo os procedementos regrados prexudicou enormemente ao persoal laboral que non tivo a oportunidade de defender os seus criterios e dereitos nos órganos que a propia institución ten a tal efecto.

Sen máis quedou visto para sentenza

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript