07/02/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Non sirvas a quen serviu nin pidas a quen pediu.
Escoiteillo a unha persoa o outro día e inmediatamente
pensei na situación pola que atravesa a nosa universidade e
máis en concreto o PAS:
A frase é tan gráfica que non me vou a molestar en explicala.
Verdade que todas sabemos do que falo?.
A unidade do PAS algo imprescindible.
Teñen que volver os tempos en que o que lle
facían a un de nós facíanllo a todos. Se algo
lle ocorre a un traballador, sexa fixo,
interino, contratado, funcionario ou laboral,
temos que responder todos.
As aspiracións son comúns, é inexplicable como
a estas alturas, a acción social é diferente e
como, á súa vez, a acción social do outro
colectivo da comunidade segue a ser algo
inalcanzable para o noso colectivo.
Separados, segregados, atomizados nunca
conseguiremos nada. Unidos podemos!
O Acordo Social: unha patada á xubilación?
Os sindicalistas que negociaron a reforma das
pensións desdeñaron outros líderes de
sindicatos de clase e outorgáronse, mediante a
negociación co Goberno, a tarefa de ser os
únicos representantes da gran masa traballadora
do noso país.
UGT e CCOO só poden representar os seus
afiliados, pero o Goberno tamén cometeu un erro
antidemocrático ao non convocar os demais
sindicatos: CNT, CGT, CIG, USO, CUT, LAB, etc.
Non será que, ademais do uso do bipartidismo
político, agora nos encontramos co
bisindicalismo?
Os ataques contra o Estado do benestar
Os sindicatos maioritarios deron a estocada
final ao Estado do benestar. O obxectivo:
reducir o número de pensións a cobrar, evitar
que se cobren na súa totalidade e restar
dignidade ao dereito que ten calquera persoa a
unha xubilación digna. Dicían eles mesmos que o
Estado non ten un gasto en pensións que faga
inviable o sistema (calcúlase que tan só un 10%
do PIB se dedica a estas e, no afastado 2040,
dedicarase un 14%). As consecuencias do pacto:
foméntase o modelo de plans de pensións
privados, algo que farán os mesmos bancos,
caixas e aseguradoras que nos conduciron a esta
situación actual.
O pasado 29 de setembro fixen folga, pero non
para dar osíxeno a grandes empresarios nin a
políticas neoliberais.Isto é o que asinaron
CCOO e UGT, un pacto antiobreiro e antisocial.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript