febreiro de 2011
 
 

14/02/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Agora van polos salarios!

Chegou que a chanceler, Angela Merkel, dixera que hai que desligar salarios de IPC e trasladalos á produtividade, para que o empresariado, o Banco de España e agora o Ministro de Traballo procedan rapidamente a darlle a razón establecendo que o incremento dos salarios debe ir por ese camiño.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nada de redución dos amplos marxes de ganancia empresarial, xa nos puxeron nunha nova diatriba: “diante da imposibilidade de desvalorizar a moeda, o axioma é infalible: cando hai falta de competitividade, o axuste prodúcese pola vía dos salarios ou pola vía do emprego”.

Nas épocas de bonanza, nada de participar nas abondosas ganancias das empresas, en épocas de recesión as políticas cargan as “perdas” sobre os traballadores/as.

Así, para competir (producir o mesmo a menor prezo), non se quere ver outro camiño que non sexa o da diminución dos custos laborais e sociais (salarios e/ou emprego) nin falar sequera de preocuparse por incrementar o valor engadido dos produtos, nada de tirar pola innovación e de desenvolvemento. Xa saben, entre outras cousas porque teñen quen llo asine, quén ten que pagar os pratos rotos!.

Os sindicatos estatais maioritarios que asinaron, sen o máis mínimo cambio, as propostas que goberno e patronal lles puxeron enriba da mesa no relativo a pensións, cotizacións empresariais… están preparando os bolígrafos para asinar, tamén, nas reunións sobre reforma da negociación colectiva, a segunda parte do pacto antisocial.

Aproxímase, deste xeito, unha nova batalla na que, unha vez máis, non poderemos contar cos sindicatos gobernamentais. O feito de que estes sindicatos asinasen en contra do que, unha semana antes, defendían non fixo máis que sementar, nunha parte das súas bases e de moitos traballadores e traballadoras o desánimo e a desmobilización mentres que noutros/as moitos/as provocou o efecto contrario. Moitos traballadores/as antes nos sindicatos pactistas decidiron despois desta última venta, abandonar estes sindicatos e integrarse noutros con espírito combativo.

Nesta situación temos que pasar, de novo, á acción non para avanzar, senón para non retroceder aínda máis. A sinatura do pacto antisocial confirma que non se pode agardar polas convocatorias dos sindicatos lacaios, nin tampouco se pode estar esperando a que eles decidan o ámbito e amplitude das medidas a tomar. Corresponde aos sindicatos mobilizadores marcar os contidos e os tempos dos novos procesos de loita.

Pensamos a gravidade da situación orixinada pola reforma laboral, pensionazo e as  medidas que se están a preparar, esixe a resposta unitaria de todas os/as traballadores/as.

UNIDADE SINDICAL, PERO PARA LOITAR!

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript