febreiro de 2011
 
 

14/02/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

A marxinación do PAS laboral, cada vez máis abafante

Saudamos a sinatura do Convenio Colectivo de PDI laboral, alegrémonos das convocatorias de oposición e promoción do PAS funcionario. Non entendemos a marxinación á que se somete ao colectivo de PAS laboral.

Este equipo reitoral, na súa prepotencia, cae sistematicamente nos mesmos erros que o anteriores gobernos de infausta memoria.

 

  • Noticias relacionadas

 

Foi o sinal de identidade daqueles equipos (para quen non viviu aqueles tempos) o trato discriminatorio facendo unha evidente diferenciación entre o propio, os próximos, e os que sempre lle fomos incómodos. A historia repítese o que pasa é que mentres daquela ese posicionamento tiña tintes ideolóxicos propios da dereita agora, gobernando a teórica esquerda, isto non era de agardar.

Así as cousas mentres os acordos acadados con outros colectivos se aplican a un ritmo febril, tamén impulsados pola proximidade de eleccións sindicais, o PAS laboral ve como os compromisos acadados en convenios asinados fai seis anos agardan no “limbo” a súa execución.

A universidade, o equipo de desgoberno, ao non deixar ningunha porta de saída as reivindicacións deste colectivo, impúlsao, a sabendas, a unha inevitable mobilización. Despois dirán que non entenden as medidas tomadas, criticándoas pola seu radicalismo (un simple peche) ou simplemente ignorándoas.

O que está claro é que as próximas medidas xa non poden tomarse dun xeito simbólico e exercidas por un número limitado de participantes. Temos que pasar a un estadio superior nas medidas a tomar, o Comité ten que se comprometer e, ao seu carón, ten que estar todo o colectivo.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript