Saudamos a sinatura do Convenio Colectivo de PDI laboral, alegrémonos das convocatorias de oposición e promoción do PAS funcionario. Non entendemos a marxinación á que se somete ao colectivo de PAS laboral.
Este equipo reitoral, na súa prepotencia, cae sistematicamente nos mesmos erros que o anteriores gobernos de infausta memoria.
Está cada día máis clara a política de persoal que este equipo de goberno imprimirá no colectivo de PAS. En aras á consecución dun pingüe incremento no orzamento, o equipo de Barja adquire o compromiso de limitar ate o máximo a contratación de novo persoal, a consecuencia deste novo ataque á autonomía universitaria será unha RPT limitada e absolutamente insuficiente. A universidade, preñada de xente intelixente, xa atopou a solución, contratar con cargo a outros capítulos que non sexan
o Capítulo I. Neste caso, como en moitos outros, óptase polo capítulo VI. En moitas outras circunstancias son os bolseiros/as a solución, cando non a permanencia das ETT.
Viva a progresía de café!.
Chegou que a chanceler, Angela Merkel, dixera que hai que desligar salarios de IPC e trasladalos á produtividade, para que o empresariado, o Banco de España e agora o Ministro de Traballo procedan rapidamente a darlle a razón establecendo que o incremento dos salarios debe ir por ese camiño.
Nosoutras e nosoutros, reunidos na Asemblea de Movementos Sociais, realizada en Dakar durante o Foro Social Mundial 2011, afirmamos a achega fundamental de África e dos seus pobos na construción da civilización humana. Xuntos, os pobos de todos os continentes, libramos loitas onde nos opoñemos con grande enerxía á dominación do capital, que se oculta detrás da promesa de progreso económico do capitalismo e da aparente estabilidade política. A descolonización dos pobos oprimidos é un gran reto para os movementos sociais do mundo enteiro.
Os galegos e galegas e os cidadáns do Estado estamos convocados/as a secundar o vindeiro martes, 15 de febreiro, un apagamento contra a subida do recibo da luz. A factura incrementouse un 9,8% no principio do ano e un 43% nos últimos catro.

Pódese cobrar a partir do día 30 de decembro en calquera sucursal de CAIXANOVA. No caso de que vos poñan algún problema solicitade que chamen á sucursal de Coiro (Cangas) para se informar.
Tamén, os martes e xoves de 18:30 a 20 horas no local do sindicato,
Ronda de Outeiro, 276, entrechán nº 9.
Ou ponte en contacto connosco.
A pirataría en Somalia acapara os medios de comunicación, pero a información chega, na maioría dos casos, fragmentada, distorsionada, manipulada.
Este documental trata de reorganizar e completar a información existente, ofrecendo un achegamento a este conflito, á súa orixe, ás súas motivacións... e sobre todo ás súas consecuencias.
CONVOCATORIAS:
Convocatoria de Técnicos Especialistas en Informática
Correción de erros na convocatoria de Aux. de Servizo
Correción de erros na convocatoria de Conserxes
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript