14/02/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Nosoutras e nosoutros, reunidos na Asemblea de Movementos Sociais, realizada en Dakar durante o Foro Social Mundial 2011, afirmamos a achega fundamental de África e dos seus pobos na construción da civilización humana. Xuntos, os pobos de todos os continentes, libramos loitas onde nos opoñemos con grande enerxía á dominación do capital, que se oculta detrás da promesa de progreso económico do capitalismo e da aparente estabilidade política. A descolonización dos pobos oprimidos é un gran reto para os movementos sociais do mundo enteiro.
Afirmamos o noso apoio e solidariedade activa aos pobos de Túnez e Exipto e do mundo árabe que se levantan hoxe para reivindicar unha real democracia e construír poder popular. Coas súas loitas, mostran o camiño a outro mundo, libre da opresión e da explotación.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript