14/02/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os episodios de grave
contaminación que sofren Madrid e Barcelona non son
descoñecidos en Galiza. A finais de 2010, ADEGA
facía público datos compilados polo experto en
contaminación Ramón Varela, que apontaban a que
todas as cidades sobrepasaron os límites legais de
NOx (xerados polo tráfico
e a combustión de derivados do petróleo) no ar que
respiramos.
Lonxe de tomar nota, a Xunta e algúns concellos optaron por desmentir (eran cifras oficiais), ignorar ou manipular datos. Á ridícula rede de control galega (só 9 estacións, por 72 de Euskadi, 68 de Catalunya ou 23 de Madrid) hai que engadir a manipulación interesada: reubicación dos medidores a zonas máis "ventiladas" ou a censura da información que a Xunta distribúe na web. Casualidade? Porén, o máis grave é que as administracións seguen sen tomar medidas para diminuir o tráfico e promover unha mobilidade máis sustentábel. Ben ao contrario: máis vías de alta capacidade, máis subvencións á merca de veículos... Semella que en Galiza, só a meteoroloxía está a facer algo por respirarmos un aire millor!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript