07/02/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
A situación do PAS laboral
Non se pode consentir que a situación se enquiste, non se
pode consentir que, mentres todos os colectivos da
universidade “progresan adecuadamente” o PAS laboral estea
castigado nunha esquina e mirando para a parede, condenados
ao esquecemento máis vil.
Correspóndenos a todos os compoñentes do noso colectivo
dignificarnos reclamando, dunha vez, o que se nos adeuda
desde fai máis de cinco anos.
Non podemos agardar máis, o Comité debe encabezar a revolta
cívica que o PAS precisa para darlle a volta á tortilla.
Está a Universidade en campaña electoral?
Pode ser casualidade pero a min escámame que,
xusto en campaña electoral, se asine o Convenio
Colectivo de PDI, saian en tromba as
convocatorias de PAS funcionario e as
promocións, aínda que en fase de borrador,
estean en boca de todo o mundo.
Critícase en política, con razón, que se
aproveiten as campañas electorais para facer
inauguracións, se repartan subvencións…, parece
que o peor da política tamén se exporta as
campañas de eleccións sindicais. Se, para
moitos cidadáns, todo ou case todo o
relacionado coa política fede, e moita xente
considera aos políticos como un problema, por
este camiño conseguirán que se traslade esa
mesma sensación á esfera sindical.
Quítannos do salario para que algúns vaian de
vacacións?
Recibín, como todos os traballadores da
Universidade supoño, a convocatoria de de
axudas de custo para a mobilidade
do
persoal docente e do persoal de administración
e servizos da Universidade da Coruña no marco
do Programa de Aprendizaxe Permanente Erasmus
(STT). A súa finalidade é loable, “completar a
formación de PAS e PDI” establécese, para elo,
que as axudas concederanse por unha estadía dun
máximo dunha semana. Pregúntome:
Qué formación se pode adquirir con estadías
máximas dunha semana?.
Logo de sacarnos o 5% do salario. É normal que,
sendo a formación dunha semana ínfima, se
permita tamaño despilfarro?.
A reforma das pensións
Pregúntome como imos contar aos nosos netos
como influímos no seu futuro sen que se nos
caia a cara de vergoña. E como nos xulgarán ao
saber que todo o mundo o aceptou sen chiar
porque afectaba máis ás xeracións futuras (chámanse
fillos e fillas, netos e netas, non?). Non
poderán crer que os representantes dos
traballadores tiveron algo que ver niso e que
enriba saíron rindo na foto. E tampouco crerán
que, grazas á Lei D'Hont -que fai que partidos
con mínimos votos consigan máximos resultados-,
se propiciase que uns deputados de cuxo nome xa
ninguén se acordará servisen para facer que un
dereito fose pisado por un Goberno que prometeu
non fallar ao pobo que o elixiu. De todos os
xeitos, eles terán a oportunidade na seguinte
loita: a xubilación aos 70 anos. Por aí non
pasarán ou serán como
nós?
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript