febreiro de 2011
 
 

14/02/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Apagamento xeral o día 15 contra a «abusiva» subida da luz

Os galegos e galegas e os cidadáns do Estado estamos convocados/as a secundar o vindeiro martes, 15 de febreiro, un apagamento contra a subida do recibo da luz. A factura incrementouse un 9,8% no principio do ano e un 43% nos últimos catro.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os colectivos veciñais denuncian que no actual contexto de crise que vivimos, cun forte desemprego e con importantes segmentos sociais atravesando serias dificultades económicas, esta nova subida é antisocial, pois castiga sobre todo os sectores máis desfavorecidos.

Despois da campaña desenvolvida nas última semanas coa edición e distribución de material publicitario (cartelería, folletos) e a realización de asembleas veciñais e charlas nos barrios, o golpe de efecto será o apagamento.

Todos os veciños que queiran sumarse á iniciativa contra a subida do recibo deberán apagar as luces das súas vivendas e os equipos eléctricos ás dez da noite do próximo martes, coincidindo co Día do Consumidor.

A iniciativa non é illada posto que a Confederación Estatal de Federacións de Veciños vai levar a cabo outra acción similar.

Duración

Proponse que o apagamento dure 30 minutos para que se visibilice a resposta da cidadanía a un forte incremento do recibo da luz.

As AAVV  consideran abusivo o prezo que se paga nos fogares pola electricidade.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript