NON ás privatizacións na UDC
Ata o momento xa convivimos con espazos privatizados dentro da propia UDC, limpezas, cafeterías, fotocopias…, son servizos que xa levan anos privatizados e sobre os que, no seu momento, xa amosamos o noso desacordo. Agora pasamos a un novo estadio.
Na súa voráxine privatizadora, a Xunta, atopou dentro da nosa institución, un espazo no que proceder do mesmo xeito que fai nos hospitais, servizos…. Ofertar á iniciativa privada, neste caso, a xestión da futura residencia universitaria.
Polos datos que tiñamos o acordo entre a
Universidade e a Xunta de Galicia contemplaban
que a xestión do novo centro residencial
estaría ao cargo, como é normal, da Institución
Universitaria.
Opoñémonos frontalmente á privatización de
servizos que deben ser do dominio público,
tanto na súa creación coma a xestión posterior.
De consolidarse esta privatización irá en
detrimento da calidade e cantidade do servizo
que os alumnos/as da UDC que utilicen ese
espazo.
Pero non só afectará aos estudantes, tamén
afectará, en xeral, ao PAS posto que inicia,
tamén, unha cuña privatizadora na xestión da
propia Universidade.
Esiximos que, sendo un servizo a unha parte da
comunidade universitaria, toda a xestión sexa
desenvolvida pola propia universidade, con
traballadores/as da institución e con
regulamentos de uso e goce establecidos desde a
propia Universidade da Coruña que aseguren o
seu alcance social.
Amosamos, polo tanto, a nosa radical oposición
a que se perverta o servizo público dunha
Institución que, até o momento, non estaba
afectada, a tan alto nivel, por esta
depredación.
Esiximos ao goberno da Universidade que non
ceda neste capítulo como cedeu no financiamento.
Se estamos, defendemos e reivindicamos os
servizos públicos é agora cando temos que
facelo valer.