febreiro de 2011
 
 

07/02/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Contra o pacto social, mobilización!

Os sindicatos estatais maioritarios coa sinatura do pacto antisocial, reconverteron, dun día para outro, o seu discurso asumindo e rubricando a retórica dos poderes económicos e, por extensión, a do goberno.

 

 

  • Nas Pensións pasáronse ao bando dos que promulgan que para facer fronte á falsa pretensión de insostenibilidade do sistema o que hai que facer é actuar pola vía de reducir o gasto, desbotando a idea que mantemos no noso sindicato que fundamentamos no  incremento dos ingresos, é dicir, cambiando radicalmente a distribución da renda para que así haxa máis salarios. máis cotizacións e emprego decente.

  • Mais o pacto vai máis aló, acataron unha vella pretensión do empresariado consistente na redución drástica das cotizacións empresariais nas novas contratacións, deste xeito pechan o círculo. Descapitalízase o sistema co que se fará imprescindible acudir a fondos privados que aseguren unha vellez digna ou, para que os millóns de traballadores/as que non poidan acudir a esa vía, porque os seus niveis de renda non llo permite, teñan unha xubilación de miseria e precariedade.

  • Como é seguro que, nesta nova tesitura de falta de ingresos, a situación vai empeorar, xa se prepara, tamén, a solución. O estado dos parámetros fundamentais do sistema revisaranse cada cinco anos utilizando a este fin as previsións realizadas polos organismos oficiais. A isto chámanlle, eufemisticamente, “factor de sostenibilidade”.

Con estas medidas tanto CCOO coma UGT constituíronse, unha vez máis, no instrumento do empresariado e do capital para conseguir os fines que, desde fai moito tempo, pretendían. Por moito que se empeñen en presentar este pacto como positivo, é algo que nunca van a conseguir porque os traballadores, como é evidente, imos ter menos pensións e menos cuantiosas.

A receita é a que sempre sostivo o capital, agora avalada polos sindicatos gobernamentais: fame para hoxe e máis fame para mañá e para os/as que veñan detrás. Todo a cambio de nada, polo menos para os traballadores/as.

Opoñémonos radicalmente á sinatura do pacto social Actuaremos coa firmeza que requiren as medidas tomadas. Pensamos que, diante da gravidade da situación que se aveciña,  compre construír a maior unidade posible entre as forzas sindicais, políticas, culturais, veciñais… que nos opoñemos frontalmente a que consolide a aplicación do asinado.

CONTRA O PACTO SOCIAL, UNIDADE E LOITA!

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript