Ata o momento xa convivimos con espazos privatizados dentro da propia UDC, limpezas, cafeterías, fotocopias…, son servizos que xa levan anos privatizados e sobre os que, no seu momento, xa amosamos o noso desacordo. Agora pasamos a un novo estadio.
Na súa voráxine privatizadora, a Xunta, atopou dentro da nosa institución, un espazo no que proceder do mesmo xeito que fai nos hospitais, servizos…. Ofertar á iniciativa privada, neste caso, a xestión da futura residencia universitaria.
Desde o noso sindicato valoramos moi positivamente que, dunha vez por todas, todos os sindicatos con presenza no Comité de Empresa nos poñamos de acordo na valoración da situación pola que está a atravesar o colectivo de PAS laboral. Desa valoración transcende a necesidade de pasar á acción. Agardamos poñernos tamén de acordo nas medidas a tomar.
Á dereita escandalízaa que o Senado empregue os idiomas das nacións do Estado, gastando neste procedemento unha cantidade misérrima, mentres o mesmo Estado, laico por certo, subvenciona á igrexa católica con miles de millóns, isto parécelles, como non axeitado.
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o “uso sectario e manipulador” que a Xunta de Galiza fai do Observatorio da Lingua Galega. Este órgano, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, envía cada semana un boletín electrónico coas principais noticias sobre os idiomas do mundo e tamén o que acontece en Galiza.
Hai un par de días sobresaltabámonos coa noticia do "secuestro " dos dominios "rojadirecta.com" e "rojadirecta.org" pola fiscalía de Nova York. Tras os acontecementos, as noticias e informacións xurdidas corresponde facer unha reflexión sosegada do que puido suceder, como se produce e as consecuencias que iso pode carrexar.

Pódese cobrar a partir do día 30 de decembro en calquera sucursal de CAIXANOVA. No caso de que vos poñan algún problema solicitade que chamen á sucursal de Coiro (Cangas) para se informar.
Tamén, os martes e xoves de 18:30 a 20 horas no local do sindicato,
Ronda de Outeiro, 276, entrechán nº 9.
Ou ponte en contacto connosco.
Con estas medidas tanto CCOO coma UGT constituíronse, unha vez máis, no instrumento do empresariado e do capital para conseguir os fines que, desde fai moito tempo, pretendían. Por moito que se empeñen en presentar este pacto como positivo, é algo que nunca van a conseguir porque os traballadores, como é evidente, imos ter menos pensións e menos cuantiosas.
As nosas manifestacións foron un referente de todo o que se move, á marxe da oficialidade e exclusivismo. Foron as únicas manifestacións unitarias. En Vigo, a máis numerosa, máis de 1.500 persoas reclamaron outro sistema político-económico que asegure a xustiza social.
CONVOCATORIAS:
Convocatoria de Técnicos Especialistas en Informática
Correción de erros na convocatoria de Aux. de Servizo
Correción de erros na convocatoria de Conserxes
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript