07/02/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Á dereita escandalízaa que o Senado empregue os idiomas das nacións do Estado, gastando neste procedemento unha cantidade misérrima, mentres o mesmo Estado, laico por certo, subvenciona á igrexa católica con miles de millóns, isto parécelles, como non, axeitado.
En pleno século XXI, no Estado español aínda está por conquistarse a separación do Estado e da Igrexa co que isto ten de dereitos para todos. Isto supoñería a anulación dos acordos franquistas e as súas continuacións, unha escola pública e laica, a non participación dos responsables públicos en actos de carácter relixioso e que non utilicen símbolos relixiosos nos actos públicos, así como o autofinanciamento das igrexas, e que non se lles permita a apropiación ilegal e ilexítima do patrimonio público e privado.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript