febreiro de 2011
 
 

07/02/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

As pensións poderían financiarse desenvolvendo ferramentas contra a grande evasión fiscal.

O secretario xeral do Sindicato de Técnicos do Ministerio de Facenda (GESTHA), José María Mollinedo, afirma non estar de acordo en como se está a propoñer a reforma das pensións. Dende o sindicato, aseguran que existen outras formas de conseguir financiamento para sufragar as pensións.

 

  • Noticias relacionadas

De feito, desvelan que se a política de loita contra a gran fraude fiscal fose similar á doutros países da UE-15 se poderían recadar no Estado máis de 800 millóns de euros.

O Sindicato de Técnicos do Ministerio de Facenda (GESTHA) publicou un informe no que afirma que o 77% dos pensionistas do Estado non chega nin a ser mileurista e un de cada cinco xubilados está en risco de pobreza. É un dato preocupante.

Esta é unha realidade no noso país e os xubilados do Estado coñecen moi ben esta situación porque a pensión media de xubilación non supera os 900 euros no conxunto do Estado. O cobramento dos xubilados navarros é lixeiramente superior ao ser a pensión media de 999 euros mensuais.

Cre vostede que isto se solucionará con algunha das medidas que contempla a reforma das pensións?

Non. Sería máis ben ao contrario porque tal e como se realizaron as dúas propostas que tiveron maior calado social, e tamén unha maior oposición, van ter un impacto negativo na pensión. Concretamente, as propostas iniciais do Goberno supoñerían entorno ao 26% polo computo temporal para o cálculo da base reguladora considerando toda a vida laboral e tamén por alongar dous anos o período de vida laboral.

Estamos a falar da ampliación do período de cotización?

Si. Aí vese precisamente ao que nos referimos, ese período de cotización vai ter un impacto negativo dun 4% aproximadamente e o cómputo do aumento da base da cotización tería o outro efecto conxunto do 26% menos. Estariamos a falar que en termos medios para o ano 2030 os xubilados percibirán uns douscentos euros menos de pensión media.

Habería que afondar moito máis no tema das prexubilacións?. En moitos casos a decisión non é do traballador. Hai pouco coñecemos noutro estudo que o 20% das prexubilacións no Estado proponse de xeito forzoso polas propias empresas.

Si, é certo. Hai empresas que aproveitando períodos de menor actividade despediron boa parte do persoal para conseguir ao cabo dun ano ou un par de anos cando se repoñen ao seu nivel de actividade ter un persoal menor e isto nos tempos que corren non me parece que sexa un indicador prometedor. De feito, miles de traballadores son prexubilados moito antes, con 50 ou 52 anos e esas persoas lastran a idade media de xubilación. As prácticas das devanditas empresas deberían ser vixiadas pola autoridade laboral.

Dende o noso punto de vista isto son detalles que habería que abordar para que a idade real de xubilación sexa aos 65 anos, pero, ademais, nós propoñemos outras alternativas que creemos mesmo máis importantes, como é a loita contra a evasión fiscal, que é o que realmente esta ocasionando que o Goberno lastre as súas débedas, xa que 88 millóns de euros son evadidos cada ano no conxunto do Estado.

Vostedes son técnicos de Facenda, como propoñen que se leve a cabo esta loita coas grandes fraudes? Que está a pasar para que esta situación sexa unha realidade, que está a fallar? E, sobre todo, que hai que facer?

A Axencia Tributaria do Estado, que é á que lle corresponde recadar o 88% da recadación tributaria do conxunto das Administracións Públicas, ten que dicir moito neste sentido. Actualmente, a axencia dedícase ao doado, a explotar as bases de datos dos contribuíntes que declaran e a descubrir pequenas irregularidades que nalgunhas ocasións son fraudes e, noutras, son interpretacións da normativa ou simplemente, descoidos, esquecementos ou despistes das empresas.

Neste sentido, o que formulamos é perseguir ás grandes fraudes do noso país, en lugar de dedicar o 90% dos efectivos á persecución dos autónomos e as PEME. Estamos a ver como periodicamente con ocasión de operacións internacionais hai persoas que pertencen a consellos de administración de grandes empresas que teñen o seu diñeiro en paraísos fiscais e comprobamos que estas persoas non son traballadores das PEME, nin autónomos, son persoas que teñen tantas cantidades de diñeiro negro que llelo levan a outros territorios e este é o verdadeiro problema da investigación.

Correcto, pero, entón, que van facer para conseguilo? Que se formula dende o GESTHA?

Temos que ir do pequeno ao grande. Para iso, poñemos sobre a mesa catro medidas que se están a aplicar nos países do resto de Europa con notable éxito nos que a economía mergullada é a metade que a do noso Estado, nós estamos situados no 23% do PIB e esa taxa mergullada é o dobre da media dos países da UE-15, onde:

1.- Coordínanse todas as Administracións territoriais de cada Estado

2.- Comparten as bases de datos tributarias de contribuíntes

3.- Deixan as mans libres á loita contra a fraude a todos os seus empregados, sometidos ao control de calidade e de legalidade

4.- Realízanse periodicamente Estudos de economía de mergullada

Ben, ningunha destas catro medidas se aplican no Estado. Os técnicos de Facenda temos as mans atadas porque só nos autorizan a investigar á pequena fraude, non se comparten as bases de datos fiscais, non temos programas conxuntos de loita contra a fraude, e peor aínda non se recoñece que existe economía mergullada que xustifique facer unha estimación oficial.

A última das medidas que detallan no informe é o modelo mixto de financiamento, están, por conseguinte, a propoñer subir os impostos, porque se hai que coller unha partida dos impostos para financiar as pensións habería que subilos ou recortar unha partida destinada a outro obxectivo?

Estamos en contra da suba de impostos executada polo Goberno, a primeira que realizou con efecto de 2010 que foi a supresión dos 400 euros iso supuxo unha recadación duns 5.400 millóns de euros, a suba da renda de capital foi de 200 millóns de euros, que é sensiblemente inferior, e agora en computo anual coa suba do IVE preténdese recadar entorno a 5.500 millóns de euros.

Nós estamos en contra destas catro medidas de subas impositivas porque non son equitativas respecto dunha parte da poboación, os traballadores, que está a soportar o 70% da recadación do IRPF, declarando de media entorno a 6.000 euros máis que os autónomos e os empresarios. E esta situación arranca dende 1992 cando se crea a Axencia Tributaria do Estado. A principios dos 90, a diferenza era duns 2.000 euros e agora a brecha fiscal converteuse en 6.000.

Opinamos que os 5.400 millóns de euros dos custos anuais de xestión da Seguridade Social é unha rémora para o sistema de pensións porque estamos falando dun sistema corporativo onde as cotas sociais pagan as pensións pero tamén pagan os custos administrativos de toda a Seguridade Social e, iso, segundo as contas anuais da seguridade social son 5.400 millóns.

Defendemos outras propostas, por exemplo, de recuperación do patrimonio para as grandes fortunas de mais dun millón de euros de patrimonio neto individual (excluída a vivenda habitual e o valor do negocio que recadaría uns 1.000 millóns de euros); máis esforzos para reducir a taxa de economía mergullada á media mergullada doutros países europeos que serían 38.000 millóns de euros, que é moito diñeiro, dende logo rematariamos coa situación de déficit público do Estado e poderiamos mesmo recuperar ao senda de reducións impositivas para fomentar a actividade económica.

Supoño que se refire aos países da UE-15, cal destes países por similitude de condicións co Estado e polo seu éxito nos podería servir de referencia ou de guía?

Cada país ten unha especialidade propia. Das catro medidas anteriores, nós podiámonos guiar polos casos de Francia, Alemaña e Reino Unido onde as taxas de economía mergullada son a metade da do Estado, así como polo caso de Austria que é dun 8%. A economía somerxida de Grecia en termos relativos é superior á do Estado, pero en datos absolutos o noso Estado é o campión de europea en economía mergullada.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript