Agosto de 2010
 
 

07/02/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Eleccións á Xunta de PAS
Fai unha tempada animeivos a presentar candidatura, non vin ningunha reacción nin ningún movemento.
Sigo coa mesma teima, penso que fai falla unha candidatura alternativa á que hoxe existe, fan falla novas actitudes, novas caras, novas persoas que se comprometan co colectivo, escoiten as súas queixas e aspiracións e procedan segundo o ditame da asemblea, órgano onde se deben tomar as decisións transcendentes.
Unha aperta.

 

Angela Merkel chegou tarde ao xacobeo
Estivo aquí, de camiño a unha deses cumios dos políticos de toda caste e condición a rexedora alamana veunos a mostrar o camiño da redención, a falta de xacobeo pídenos a traballadores e traballadoras que fagamos penitencia.
Pontificou, unha vez máis, sobre as bondades dos sacrificios, non podía ser doutros que os nosos, para que “España” se recupere.
Neste caso, desde o púlpito da Moncloa, foi clarísima, ten fama de selo sempre, nada de vincular salarios á inflación (o que se chama, nos convenios, cláusula de revisión salarial mediante a que se asegura, en parte, o mantemento do poder adquisitivo) senón que se relacione cos beneficios, tanto actuais coma previstos.
Os sindicatos “oficiais”, de momento reaccionaron posicionándose en contra. Está claro que esta proposta será un dos eixes da reforma da negociación colectiva que empresarios e eses sindicatos negociarán en breve, non nos estrañaría que nada máis sentarse na mesa, e despois dunhas cantas ceas, tamén a asinen.

 

A residencia universitaria
O intercambio serve para aproximarse a realidades que nos serven para reflexionar. Nunha desas viaxes aloxeime nunha residencia, a habitación, duns 20 metros cadrados, tiña de todo, baño completo e un lugar de estudo, o resto das zonas eran comúns.
A idea da nosa universidade paréceme, no contexto actual, despilfarradora. Pisos individuais, ou para dous alumnos, paréceme unha perda de espazo. Xa non vou falar dos dúplex de 100 metros cadrados, previstos para docentes, sexan visitantes ou non, isto paréceme un insulto. Auguro que estes pisos, nun futuro non moi lonxano, terán a utilización mesma que os vellos pisos dos catedráticos da Universidade de Compostela.
En todo caso a privatización é unha alternativa que, de ningún xeito, se debe aceptar.


Reflexión sobre a suba da idade de xubilación
Non estou de acordo coa decisión de atrasar a idade de xubilación, posto que me parece unha actitude contraria ao progreso social.
Hai algúns anos nalgúns países avanzados reduciuse a xornada laboral de 40 horas semanais a 36 e a idade de xubilación dos 65 aos 60 anos para facilitar, por un lado, a incorporación das novas xeracións ao mercado de traballo e, por outro, para posibilitar aos que levasen moitos anos cotizados poder xubilarse aos 60 anos nunhas boas condicións de saúde.
Entendo que existan persoas que non desexen xubilarse a unha idade temperá, nin mesmo aos 65 ou 67 anos, e creo que están no seu dereito de poder continuar traballando se así o desexan, pero estou convencido de que ese non é o caso de moitas persoas que traballan en actividades duras como o campo, a industria ou a construción.
Non comprendo como en pleno século XXI se leva a cabo esta regresión social cando o que teriamos que estar a facer é avanzar cara a unha mellor calidade de vida e cara ao benestar para todos.
Espero que os políticos recapaciten e busquen outra fórmula para solucionar a crise que non consista en facer retroceder o lóxico progreso e evolución dos seres humanos cara a un maior benestar.



 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript