febreiro de 2011
 
 

07/02/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

A caixa galega camiño da súa desaparición

Mentres que que algunhas organizacións políticas soñan en alto pensando que existe un capital galego preocupado polo desenvolvemento económico e social da nosa nación, que ten a intención de organizarse arredor da novacaixagalica, a realidade vai por camiños ben diferentes.

 

  • Noticias relacionadas

Desde a dirección da nova caixa estanse a valorar esencialmente dúas alternativas, a fusión con outra caixa do Estado ou acudir directamente á bancarización.

Xa ai meses que adiantamos o que ía pasar e agora tamén predicimos un futuro no que nos quedaremos sen esa banca pública á que a presión dos poderes fácticos encamiña sen remisión á esfera privada.

O camiño xa está marcado, primeiro, cos cartos de todos nós, sanearemos unhas entidades en bancarrota e despois entregarémosllas ao capital privado, Botín e demais colegas xa se están a fregar as mans saboreando o pastel que lles imos entregar.

Unha vez máis o Estado descapitalízase en beneficio do capitalismo máis avarento e especulador, total pagamos entre todos..

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript