31/01/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Sabiamos que ía pasar, denunciámolo en ocasións anteriores. O día 27, en plena actuación dos piquetes, soubemos da nova traizón á clase traballadora dos sindicatos que viven dos cartos que o goberno lles transfire.
Como bos lacaios asinan o que os seus
amos lles reclaman, se hai que traizoar a
traballadores/as non importa, aínda non fai
moito que fixeron mobilizacións contra da
xubilación aos 67 anos, algún cartel, panfleto…
queda por aí, neles sinalaban que esa liña, a
da xubilación aos 67 anos, nunca a cruzarían.
Mentían, enganaron aos seus propios
afiliados/as e esa mentira ten que pasarlles
factura.
Notámolo nos piquetes da folga xeral, a
distancia entre a clase traballadora e estes
sindicatos medra día a día, non é para menos.
Non soamente asinaron o incremento da idade
para ter dereito á prestación de xubilación,
tamén aceptaron o incremento dos anos do
cómputo, pasando dos últimos 15 anos aos
últimos 25 o que significará unha gran perda
económica na pensión. Tragaron con todo o que o
goberno lles puxo enriba da mesa.
Pero isto non é o final senón o principio dunha
traizón de gran calado. Aproxímase o acordo
noutros aspectos esenciais nas relacións socio-laborais.
A sinatura dun novo pacto social está próxima.
Tiñámolo claro, sabiámolo, as cúpulas sindicais
destes dous sindicatos (CCOO e UGT) viven na
mesma órbita que o capital e a súa
representación política, pisan habitualmente as
moquetas de grandes despachos. O paro, a
precariedade, as pensións mínimas… son algo que
lles queda tan lonxe como aos seus
interlocutores.
Esquecéronse da clase á que representan. Coa
súa actuación confirman, unha vez máis, que son
parte do problema, aliñándose cos poderes
político-económicos contra os intereses da
clase traballadora.
A pregunta que os traballadores e traballadoras
nos facemos é: por canto nos venderon esta
vez?.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript