Número 68 - 31 xaneiro 2011
 
 
El análisis -

    Coma sempre estivemos na primeira liña de participación, tanto nos piquetes informativos como nas manifestacións convocadas.
    Aínda que descoñecemos as cifras oficiais de participación na Universidade, temos claro que, institucionalmente, non se actúa con racionalidade nin de acordo coa mínima coherencia nos momentos nos que se realiza este tipo de mobilización.

UNIVERSIDADE

    Está próxima a inauguración do novo espazo cultural que se situará na Normal, antiga Escola de Maxisterio.

    Enterados pola prensa o Comité de Empresa da Fundación da Universidade da Coruña ven de manifestar a súa contrariedade pola exclusión dos seus traballadores/as desa inauguración.

PARO

    Os efectos que o poder político e económico do Estado buscaba coa reforma laboral estanse a cumprir, o abaratamento do despido fai que a lacra do paro medre de xeito imparable.

GALEGO

    O presidente teima en que xeneralizar as linguas nas Cortes é “innecesario” e os 350.000 euros que custa, un gasto “excesivo”

SISTEMA

    Cando estalou a actual crise económica e se fixeron evidentes as súas causas e a rapacidade dos que se beneficiaran dela, calquera analista con dous dedos de fronte, mesmo os que participaran na orxía especulativa na que se xerou, comprendeu que non era nos erros ou os delitos de axentes económicos onde radicaba a responsabilidade principal sobre o que estaba a pasar, senón no propio sistema.

   LOTERÍA

Tocounos un belisco na lotería

    Pódese cobrar a partir do día 30 de decembro en calquera sucursal de CAIXANOVA. No caso de que vos poñan algún problema solicitade que chamen á sucursal de Coiro (Cangas) para se informar.
    Tamén, os martes e xoves de 18:30 a 20 horas no local do sindicato, Ronda de Outeiro, 276, entrechán nº 9.
    Ou ponte en contacto connosco.

    
  •   
 
 PENSIÓNS
    Sabiamos que ía pasar, denunciámolo en ocasións anteriores. O día 27, e plena actuación dos piquetes, soubemos da nova traizón á clase traballadora dos sindicatos que viven dos cartos que o goberno lles transfire.

    Como bos lacaios asinan o que os seus amos lles reclaman, se hai que traizoar a traballadores/as non importa, aínda non fai moito que fixeron mobilizacións contra da xubilación aos 67 anos, algún cartel, panfleto… queda por aí, neles sinalaban que esa liña, a da xubilación aos 67 anos, nunca a cruzarían. Mentían, enganaron aos seus propios afiliados/as e esa mentira ten que pasarlles factura. 

    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

  ECONOMÍA
    É preciso remontarse moito na historia para encontrar un goberno como o de Zapatero, tan dócil e submiso aos ditados dos poderes de fóra do Estado.

     

  ALIMENTACIÓN
    O achado de dioxinas nos pensos e na carne e os ovos de Alemaña xerou a emerxencia sanitaria na UE, onde nos últimos anos se sucederon varias alarmas por contaminacións diversas da cadea alimentaria.

     

    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript