31/01/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Está próxima a inauguración do novo espazo cultural que se situará na Normal, antiga Escola de Maxisterio.
Enterados pola prensa o Comité de Empresa da Fundación da Universidade da Coruña ven de manifestar a súa contrariedade pola exclusión dos seus traballadores/as desa inauguración.
Quéixanse, non sen razón, de que ocupando
tamén ese mesmo centro, sentíndose parte da
institución, o Reitor é o seu presidente e traballando exclusivamente para a UDC, se lles
marxine do acto.
Poñen esta circunstancia como exemplo da súa
cotidianeidade, están aí pero a Universidade
parece que quere ocultar a súa existencia.
Para nós a súa circunstancia está clara,
traballan para a UDC, o seu é, para nós, un
exemplo claro de prestamismo laboral.
A solución tamén a temos clara, integración na
UDC, para nós a Fundación debe desaparecer,
nesa desaparición débense preservar os dereitos
dos traballadores e traballadoras que hoxe
realizan tarefas que, en case todos os casos
son idénticas as que os traballadores da
institución educativa están a realizar.
Gozan, polo tanto, de toda a nosa comprensión e
solidariedade.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript