xaneiro de 2011
 
 

31/01/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Algunhas consideracións sobre as dioxinas

O achado de dioxinas nos pensos e na carne e os ovos de Alemaña xerou a emerxencia sanitaria na UE, onde nos últimos anos se sucederon varias alarmas por contaminacións diversas da cadea alimentaria. A substancia protagonista na actual crise é un veleno vello e coñecido.

 

  • Noticias relacionadas

No ano 2004, o candidato á presidencia de Ucraína Viktor Yushchenko foi envelenado. Cando saíu do hospital, todo o mundo puido ver o seu rostro terriblemente desfigurado. Intentaran matalo con dioxinas, a mesma substancia que apareceu nos polos, os ovos e os porcos en Alemaña causando a alarma sanitaria na UE e forzando o peche de miles de granxas.

As dioxinas son un dos peores tóxicos fabricados polo home

A alarma non é para menos. As dioxinas considéranse como un dos peores tóxicos fabricados polo home. Son canceríxenas e afectan de forma grave ao sistema hormonal. Eran un compoñente do axente laranxa, o defoliante que EUA usou na guerra de Vietnam e que hoxe segue provocando o nacemento de miles de nenos con malformacións naquel país.

A pregunta é como puido chegar unha substancia así ás granxas. E a resposta dos expertos é que o fan porque están no noso ámbito. Xerámolas como residuos das industrias do cloro, dos pesticidas e dos plásticos. E emitímolas ao queimar residuos. Unha vez liberadas, quedan no ambiente e incorpóranse á cadea alimenticia e ao noso corpo.

A explicación oficial é que o acontecido en Alemaña é unha fraude illada. Os fiscais investigan se a compañía Harles and Jentzsch distribuíu aos fabricantes de pensos graxas industriais que non eran aptas para o uso alimenticio.

A punta do iceberg

Pero a opinión de expertos en nutrición e de toxicólogos é que non se trata da acción puntual dalgúns piratas, senón dun mal xeneralizado. O catedrático de Saúde Pública da Universidade Autónoma de Barcelona, Miquel Porta, afirma: "Non" é "un caso illado. Numerosos estudos documentaron que a contaminación con dioxinas e outros compostos orgánicos persistentes é habitual en pensos e alimentos".

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript