Agosto de 2010
 
 

31/01/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


A palla e a viga entre a visita do papa e as linguas cooficiais
Anda a dereita mediática e política escandalizada polo custo que vai supoñer o uso das linguas cooficiais no Senado. Parece ser que o custo neste período de sesións será de 350.000 euros (58 millóns de pesetas).
Pregúntome: saben canto custa a Xornada Mundial da Xuventude á que asistirá o papa? A prensa baralla a cifra de 50 millóns de euros. Poden alegar que a este último acto asistirán máis dun millón de persoas, pero no Senado estamos representados todos/as. Isto recorda ao dito de "a palla e a viga" que nos ensinaban en Relixión na escola.

               

 

A reforma das pensións, outra medida inxusta
Políticos e economistas xustifican a actual reforma das pensións utilizando como argumento, entre outros, o feito estatístico de que vivimos máis anos.
Con esta xustificación un chega á triste conclusión de que os logros conseguidos pola ciencia e a sanidade non son compatibles cos conseguidos pola economía e a xustiza social.
Parece agora que a lonxevidade a temos que pagar traballando máis anos e sendo máis pobres na nosa senectude. Acaso xa non compensará vivir tanto tempo.
De que nos serven aos traballadores os avances científicos e tecnolóxicos, a produción de riqueza e as promesas democráticas, se ao final os poderes económicos, axudados pola globalización, polo medo, pola pasividade dos traballadores e por unha inepta clase política, nos arrastran a estados de precariedade pretéritos?

 

A necesidade dos carrís bici para crear unha cidade mellor
Os carrís bici son necesarios. Non se pode vivir con tanto coche, as cidades deben ser para os cidadáns, que é de onde vén a palabra, e non para os automóbiles, que contaminan o aire e nos deixan xordos. Hai que construír un mundo menos agresivo, onde se poida pasear tranquilamente e non faga falta correr tanto para chegar a ningunha parte e onde o son máis intelixente sexa o dun silencio reflexivo. Os carrís bici son necesarios para que se faga un pouco de deporte e para que vivamos nun mundo sostible e non sexamos vítimas dunha agresión inaguantable. Hai que recordar que somos seres humanos, non monstros motorizados.


A resignación dos traballadores
Os traballadores dunha fábrica de coches víronse obrigados a minguar os seus dereitos para poder manter e permanecer nos seus postos de traballo. O poeta sueco Harry Martinson escribiu: "Non" foron "as revolucións senón as resignacións as que permitiron vivir ao home". Certo. Se a función continúa é pola continua e vitalicia "resignación" á que nos vemos sometidos. Todo o demais é un basto e falso decorado, onde se mostran en escena os privilexiados. É a nosa resignación o alento do privilexiado.



 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript