xaneiro de 2011
 
 

24/01/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

A reforma das pensións, unha estafa

A reforma das pensións que se está a cociñar é unha estafa. O cocido  terá como resultado o incremento do tempo de cotización para ter dereito á pensión, determinar a súa contía e retrasar a idade de xubilación. Con estas medidas os traballadores/as con dereito a pensión serán moitos menos e as propias pensións serán moito máis baixas.

 

  • Noticias relacionadas

 

Sobre todo para a mocidade que se incorporou fai pouco, que se incorpora neste momento ao mercado laboral ou a que o faga a partir de agora, ao comezar a traballar a partir dos vinte e pico ou trinta anos, esixiría traballar de forma continua, sen interrupcións e a tempo completo, toda a súa vida laboral. Cos contratos a tempo parcial, eventual ou de tempada que se están a xeneralizar. Canta xente vai alcanzar os trinta e sete ou máis anos de cotización?. Isto implicará a expulsión dun gran número de traballadores/as do sistema público de pensións, ou cobrarán unha miseria.

Como as pensións públicas serán unha merda, os traballadores e traballadoras con posibles (que serán poucos debido á precariedade laboral xeneralizada) dirixiranse directamente á contratación de paquetes ou plans privados. Incrementarase, deste xeito, o negocio para bancos e especuladores, os estafadores profesionais aproveitaranse da estafa gobernamental. Outra derivación necesaria desta situación xa próxima e que, os/as que poidan permitirse o luxo de completar con plans privados a mísera pensión pública terán que cotizar moito máis que agora (terán que pagar a pública e a privada).

O menú está servido, os sindicatos maioritarios optaron por sentarse á mesa e tragar o que lles poñan no prato. As medidas que se adopten afectarannos aos traballadores/as actuais e futuros. Non podemos permitir que desapareza unha prestación social tan importante, que nos asegura, cando máis o necesitamos, que poidamos ter unha vida digna.

PARA GARANTIR O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS!
POR UNHAS PENSIÓNS DIGNAS!
TODOS/AS Á FOLGA XERAL
!!!

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript