Impóñensenos unha chea de recortes no ámbito laboral e social para manter un sistema que se fundamenta na explotación máis absoluta.
Hai unha serie de factores que nos impulsa a participar activamente na convocatoria de folga xeral do 27 de xaneiro e a pedirche a ti que te sumes
Xa vos informamos que no Consello de Goberno realizado en decembro advertíusenos de que, a matrícula gratuíta, a partires de agora será menos gratuíta posto que, os cartos destinados a esta finalidade, pasarán ao Capítulo I o que significa que tributarán na declaración da renda como “retribución en especie”.
En reunión urxente da Comisión de Intercambio, realizada esta semana pasada, informouse que os cartos destinados a esta finalidade tamén pasaban a este Capítulo tributando, polo tanto do mesmo xeito.
A reforma das pensións que se está a cociñar é unha estafa. O cocido terá como resultado o incremento do tempo de cotización para ter dereito á pensión, determinar a súa contía e retrasar a idade de xubilación. Con estas medidas os traballadores/as con dereito a pensión serán moitos menos e as propias pensións serán moito máis baixas.
O Foro Galego de Inmigración vén de emitir un comunicado público no que amosa o seu rexeitamento á reforma do sistema de pensións e chama a participar na folga xeral convocada en Galiza para o vindeiro 27 de Xaneiro.
Segundo Rede Feminista en 2009, ningún dos 41 condenados deixou de beneficiarse da pensión de viuvez
Só a dous dos 32 asasinos de xénero condenados en 2009 cuxa vítima tiña fillos se lles retirou a patria potestade e a un suspendéuselle o réxime de visitas aos nenos. Aínda que o estudo realizado polo grupo de expertos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) sobre 45 sentenzas ditadas o ano pasado non aclara cantos fillos eran menores de idade, os datos indican que unha maioría de asasinos mantén a posibilidade de relacionarse cos seus fillos (ou os da súa parella asasinada) e non perde a patria potestade.

Pódese cobrar a partir do día 30 de decembro en calquera sucursal de CAIXANOVA. No caso de que vos poñan algún problema solicitade que chamen á sucursal de Coiro (Cangas) para se informar.
Tamén, os martes e xoves de 18:30 a 20 horas no local do sindicato,
Ronda de Outeiro, 276, entrechán nº 9.
Ou ponte en contacto connosco.
CONVOCATORIAS:
Convocatoria de Técnicos Especialistas en Informática
Correción de erros na convocatoria de Aux. de Servizo
Correción de erros na convocatoria de Conserxes
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript