Agosto de 2010
 
 

17/01/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Eleccións sindicais.
Hoxe colocaron no taboleiro de anuncios do centro un cartaz no que se anuncia a convocatoria de eleccións sindicais á Xunta de Persoal.
Dado, non só o traballo desenvolvido pola actual, senón como se realizou, esencialmente á marxe de traballadores/as considero que sería unha boa idea que a CUT presentase candidatura, será difícil atopar funcionarias/os con tempo e gañas de facer este traballo pero razóns para presentar candidatura alternativa non faltan.
Simplemente con achegarse máis á xente, acordarse dos/as máis desfavorecidos/as (o PAS interino), defender diante da universidade os dereitos de TODOS/AS, tomar decisións en conxunto e que as asembleas se convertan en foro de debate e toma de decisións, non en mítines estaría solucionado.
Ánimo e decidídevos.

               

 

Apagado xeral día 15 de febreiro
Endesa e Fenosa celebran a suba de prezos do 11%
Imos pasar do cabreo aos feitos.
O día 15 de febreiro, día do consumidor, dende internet proponse levar a cabo un apagamento xeral de electricidade nos fogares do estado ás 22 horas en sinal de protesta pola suba abusiva que Endesa, Iberdrola e Fenosa levaron a cabo nas súas tarifas eléctricas.
Pon unha alarma no teu móbil, fai unha cruz no calendario agora,. despois váiseche esquecer!
A única forma que temos de loitar os consumidores contra estas prácticas abusivas, é con medidas como esta por iso convocámosvos a seguir esta iniciativa que comezará ás 22 horas e durará 30 minutos.
Con só 30 minutos apagando todas as lámpadas, cociñas eléctricas e todo o que se poida, faremos un oco nas súas arcas, e terán que deter os seus transformadores, así acordaranse de todos aos que nos están a roubar!!!.
Pregámosvos que o fagades pasar ao maior numero de correos electrónicos. utilizade cco (con copia oculta)!!!!!......

 

A coherencia da ideoloxía e do programa electoral (tamén vale para o sr. Barja)
A ideoloxía e o programa electoral son os aspectos básicos cos que concorren os diferentes grupos políticos a unhas eleccións. O partido político gañador debe basear o seu Goberno nos seus sinais ideolóxicos e en desenvolver as promesas que lle impulsaron ao poder. Pero cando dende o Goberno se actúa dun modo moi contrario a eses sinais e se incumpren importantes propostas electorais, a miña conclusión é que estamos a asistir a unha fraude ideolóxica e a unha fraude electoral.

A violencia machista non para
Apenas transcorreron tres semanas de 2011 e xa nos encontramos ante os primeiros casos de violencia machista. Tres mulleres foron asasinadas polas súas parellas e unha delas xunto cos seus dous fillos. O pasado ano rematou coa arrepiante cifra de 73 mulleres asasinadas. Prodúcense entre 70 e 80 asasinatos todos os anos, unha cifra que me recorda aos anos máis duros do terrorismo. Dende o Goberno, as comunidades autónomas e os concellos desenvolvéronse políticas de axuda, asistencia, protección, tratamento e seguimento das vítimas. Tamén se puxeron en marcha campañas de educación e sensibilización; unificáronse todos os teléfonos de emerxencias, etc. Pero a realidade é que todos estes esforzos e reformas non están a dar resultados, non son suficientes, os casos non baixan. Hai que volver estudar en profundidade a lexislación e facer nesta todos os cambios necesarios.



 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript