xaneiro de 2011
 
 

24/01/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

ATTAC denuncia a apropiación dos mercados financeiros do “saboroso” negocio das xubilacións

“As pensións son un pastel”. Así resume toda a polémica arredor da reforma das pensións o responsable en Galicia de ATTAC, a Asociación pola Taxación das Transaccións e a Axuda aos Cidadáns, Marcos Gay Varela.

 

  • Noticias relacionadas

 

Esta asociación internacional alerta contra a creación interesada dun “medo na cidadanía” promovido polos mercados que pretenden repartirse o negocio económico que supón actualmente o fondo solidario das prestacións. Gay Varela reclama un “debate social e aberto” e chama á sociedade a informarse sobre a realidade do sistema de pensión, desbotando a crenza a cegas na doutrina do Fondo Monetario Internacional, “o que nos trouxo até aquí”, denuncia, en relación á crise económica actual.

ATTAC é un movemento que se inspira na idea, dun galego, o director de Le Monde Diplomatique Ignacio Ramonet, quen formulara a necesidade de gravar, aínda que fose de maneira simbólica, as grandes transaccións financeiras internacionais. Moitos dos problemas de liquidez actuais veríanse paliados cunha pequena taxa do 0,1 por cento sobre os movementos de capital. Marcos Gay asegura que esa actuación permitiría obter unha recadacións anual de 100.000 millóns de euros para as arcas públicas.

ATTAC ten por obxectivo, en definitiva, a reapropiación, por parte da cidadanía, do poder de decisión que a esfera financeira exerce sobre todos os aspectos da vida política, económica, social, cultural e informativa, en todo o mundo. Neste senso tamén defende a supresión dos paraísos fiscais; a condonación da débeda externa; unha fiscalidade xusta, progresiva e redistributiva, incrementado a fiscalidade da renda do capital; uns servizos públicos universais, de titularidade e xestión pública que garantan dereitos sociais básicos dos cidadáns e cidadás; e un comercio xusto mundial.

Para alcanzar os devanditos fins promoven, entre outras medidas, difundir publicamente información accesible á maior cantidade de xente posible sobre estas cuestións, organizar accións para promover a dita difusión, apoiar e colaborar coas actividades que puidesen realizar outras asociacións ou movementos cívicos que persigan os mesmos ou análogos obxectivos; así como promover debates, seminarios e cantas medidas contribúan á consecución das pretensións da asociación.

ATTAC (Web Estado)
ATTAC Galicia (Web)
ATTAC TV ((Televisión))
 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript