24/01/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Xa vos informamos que no Consello de Goberno realizado en decembro advertíusenos de que, a matrícula gratuíta, a partires de agora será menos gratuíta posto que, os cartos destinados a esta finalidade, pasarán ao Capítulo I o que significa que tributarán na declaración da renda como “retribución en especie”.
En reunión urxente da Comisión de Intercambio, realizada esta semana pasada, informouse que os cartos destinados a esta finalidade tamén pasaban a este Capítulo tributando, polo tanto do mesmo xeito.
Aparte da análise que se fará no Comité de
Empresa onde analizaremos detalladamente outros
aspectos que vos faremos
chegar, queremos deixar claro que cando se
intentou negociar a RPT de persoal laboral
reivindicamos que as prazas desenvolvidas por
traballadores/as contratados/as a través de ETT
(empresas de traballo temporal) figurasen na
dita RPT propoñendo un simple cambio de
Capítulo para un gasto xa consolidado. A
Universidade negouse rotundamente a proceder
deste xeito (imposible e impensable para a
Institución).
Como en todo, cando interesa (sobre todo cando
supón un aforro que vaite ti a saber onde irá a
parar) non hai problema, non importa, tampouco,
incumprir os programas electorais. Cando a
acción a tomar significa rematar co subemprego
todo son problemas
Lembramos a reivindicación neste sentido:
ETT (requiriría
exclusivamente o cambio do diñeiro de capítulo
no orzamento, mais os cartos xa os hai e as
prazas estanse a pagar)
CUR (Centro Universitario de Riazor)
CITEEC
CIT
Ciencias da Comunicación.
CITIC
Fortín (Campus de OZA).
Casa do Patín.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript