17/01/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Estamos inmersos nun ataque aos dereitos consolidados de traballadores e traballadoras sen precedentes, EREs, despidos gratuítos, reforma laboral, recortes nos servizos públicos e sociais e agora, o vindeiro ataque ás pensións, así o demostran, a batalla non rematou, dentro de pouco terá continuidade coa negociación que sobre convenios colectivos se comezará en breve e o copago sanitario que está tamén próximo.
Co pensionazo o que se pretende é que
bancos, caixas e a patronal se apoderen dunha
maior parte do negocio e teñan máis ganancias.
O sistema público de pensións, por moito que se
fagan premonicións, non está en crise. Durante
as últimas tres décadas as arcas da Seguridade
Social non deixaron xamais de estar en
superávit, en (2005.cando xa os preditólogos
prevían unha diminución, foi de +0,67%), en
todo este tempo, a pesares das previsións, foi
e segue sendo positivo o ano 2009 houbo un
superávit do +0,8%, O fondo para asegurar as
pensións (Fondo de Reserva da Seguridade
Social), pasou de 604 millóns de euros no ano
2000; a 60.022 millóns de euros no 2009.
O que está verdadeiramente en crise é o sistema
privado, os plans de pensións privados
reducíronse, no estado, nun 28% nos últimos
anos. Como en todo proceso de privatización, o
que se fai e debilitar o sistema público para
impulsa o negocio privado.
En Galicia xa temos a pensión media máis baixa
do estado, co recorte que suporá o pensionazo
aínda se recortará máis, cos novos cálculos
entre un 20% e un 25%.
Outros indicadores da situación na nosa nación
fíxoos públicos o Instituto Galego de
Estatística, neles reflíctese que o 9,5% dos
fogares galegos chegaron con moita dificultade
co fin de mes no último trimestre de 2010, o
que supón un incremento en catro décimas con
respecto ao trimestre anterior, mentres os
fogares que declararon chegar con dificultade a
fin de mes sitúase en case a metade, ao
rexistrar un 43,3% do total.
A situación é abafante, a resposta non pode
agardar, non podemos consentir que o goberno
aprobe o proxecto para retrasar a idade de
xubilación e para incrementar os anos de
cómputo. É imprescindible responder a este novo
ataque pero, tamén é necesario, acumular forzas
para conseguir un cambio radical de modelo
económico e social. Os gobernos son verdadeiros
monicreques nas mans dos que verdadeiramente
dan as ordes, o capital. Se non conseguimos dar
unha estocada mortal a este sistema non
cambiaremos nada.
A nosa forza está na unidade de acción e na
convicción de que só coa mobilización
cambiaremos realmente a correlación de forzas
actuais. Este espazo de confrontación ten unha
cita, o 27 de xaneiro. Demostrémoslle a todo o
armazón capitalista a nosa forza e que non
pararemos até rematar cos seus privilexios,
privilexios fundamentados no noso
empobrecemento e precariedade.
O 27 DE XANEIRO TODOS/AS Á
FOLGA XERAL.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript