xaneiro de 2011
 
 

17/01/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Malia o dito polo goberno, no 2010 produciuse un aumento da enerxía nuclear

Venden ecoloxismo e respecto ao medio, pero á hora da verdade, compra enerxía de produción nuclear en plantas situadas en Francia, moi preto da fronteira, e auméntase a produción desta perigosa enerxía. O propio Foro da Industria Nuclear, recoñéceo.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nunha nota, o Foro da Industria Nuclear indica ademais que a produción do parque nuclear representou durante o pasado exercicio máis do 41% da electricidade libre de emisións xerada no sistema eléctrico español.

Para o organismo presidido por María Teresa Domínguez, estes resultados mostran que, un ano máis, a produción eléctrica das centrais nucleares foi fundamental para o bo funcionamento do sistema eléctrico español.

De feito, a nuclear foi a fonte que máis horas funcionou. Ao longo do ano, as centrais nucleares españolas operaron 7.946 horas, o que, por termo medio, supón máis do 90% das horas do ano e unha porcentaxe moi superior ao doutras centrais de produción eléctrica.

A potencia instalada do parque nuclear español sitúase na actualidade en 7.796 megavatios (MW), o que supón o 7,56% do total do parque de xeración. Esta capacidade incrementouse nun 0,88% durante 2010 grazas ao aumento en 68 MW de potencia da unidade I da central nuclear de Almaraz.

Para Domínguez, resulta "indispensable manter en operación unha enerxía de base como a nuclear porque ofrece estabilidade ao sistema eléctrico de forma eficiente, económica e sen danar a atmosfera".

"Outros países do noso ámbito están a implementar estratexias enerxéticas contando coa enerxía nuclear" e "España ten que seguir esta liña mantendo en operación os seus oito reactores nucleares e establecendo unha planificación enerxética a longo prazo onde a nuclear alcance un peso maior", engadiu.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript