Número 66 - 17 xaneiro 2011
 
 
    LABORAL

    Mentres os sindicatos españois maioritarios “marean a perdiz” nas mesas de negociación o tempo vai pasando e aproxímase o 28 de xaneiro, data na que o Goberno Zapatero aprobará o Proxecto de Lei de Reforma das Pensións que establecerá o retraso na idade de xubilación de 65 a 67 anos e a prolongación do período de cálculo de 15 a 20 ou 25 anos.

    No intento de aplacar a resposta social o Executivo utiliza unha chea de argumentos falsos cos que pretende ocultar os verdadeiros obxectivos.

UNIVERSIDADE

    Os grupos da oposición --PSdeG e BNG—consideron sempre insuficiente o financiamento universitario que a Xunta prevé incluír no plan ata 2015 e que supón unha inversión de 2.000 millóns de euros nas tres institucións académicas para ese período porque "reducirá" os seus ingresos. Mentres, os populares destacaron o "esforzo extra" que realizaba a Administración autonómica en "época de crise".

FOLGA XERAL

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire Cruces, expresou a fonda preocupación dos sectores agrarios da Galiza diante da reforma das pensións que está a preparar o Goberno Central, con propostas como atrasar a idade de xubilación aos 67 anos ou aumentar o período de cotización a vinte anos para ter dereito a unha pensión.

PRIVATIZACIÓNS

    O Diario Oficial de Galicia presentaba onte os resultados de varios concursos para deixar a concesión de todas estas instalacións en mans da empresa Geriatros –con sede en Vigo– que será a encargada de poñer en marcha as 780 prazas en residencias durante os próximos tres anos.

   LOTERÍA

Tocounos un belisco na lotería

    Pódese cobrar a partir do día 30 de decembro en calquera sucursal de CAIXANOVA. No caso de que vos poñan algún problema solicitade que chamen á sucursal de Coiro (Cangas) para se informar.
    Tamén, os martes e xoves de 18:30 a 20 horas no local do sindicato, Ronda de Outeiro, 276, entrechán nº 9.
    Ou ponte en contacto connosco.

    
  •   
 
 FOLGA XERAL
    A primeira gran diferenza entre unha pensión pública e unha pensión dun alto cargo, ou mellor dito entre un cidadán e un alto cargo institucional, é que así como o cidadán nunca poderá percibir dous salarios do erario público, o ministro, o senador, deputado, secretario, etc..., poderán percibir dous e tres salarios do Erario Público.
    Ademais, todos nós debemos cotizar, até agora, durante 35 anos para cobrar a totalidade da base reguladora da pensión á que teñamos dereito, non obstante aos membros do Goberno abóndalles con xurar o cargo e acumular sete anos de exercicio para poder obter a pensión máxima de xubilación.

     

    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

  ECOLOXÍA
    Venden ecoloxismo e respecto ao medio, pero á hora da verdade, compra enerxía de produción nuclear en plantas situadas en Francia, moi preto da fronteira, e auméntase a produción desta perigosa enerxía. O propio Foro da Industria Nuclear, recoñéceo.

     

  GALEGO
    O conselleiro de Educación será o encargado de convocar “os procedementos de consulta e participación directa” que permitirán á Xunta preguntar aos pais sobre a lingua na que prefiren que os seus fillos sexan escolarizados na escola.

     

    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript