17/01/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Folga xeral, as propostas que me parecen
axeitadas nesta situación:
As reformas a curto prazo, que se me ocorren,
son as
seguintes:
*.- Traballo para todos/as 5 millóns máis de
cotizantes porían final a esta situación.
*.- Elevar o importe do Salario Mínimo
Interprofesional ata a contía que garanta un
nivel de vida digno.
*.- Eliminar os topes superiores das
cotizacións á Seguridade Social.
*.- Non existirán pensións mínimas inferiores
ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI).
*.- A revalorización das pensións farase en
función da subida media dos salarios.
*.- O peso das xubilacións anticipadas recaerá
na patronal.
*.- Hai que frear o avance dos sistemas
privados de pensións, incompatible coa defensa
dun bo sistema de pensións público.
Se a reforma que están preparándonos se leva
adiante vai marcar un antes e un despois nos
nosos dereitos sociais, a resposta debe ser
contundente.
27 x, mobilización sen o apoio de UGT e CCOO. É
imposible a acción sindical con CCOO-UGT?
O diálogo social é unha auténtica fraude. UGT e
CCOO seguen subordinados a Goberno e Patronal e
están dispostos a facer o que sexa por manter
as súas subvencións. Chamaron a folga en
setembro para lavarse a cara, pero volveron
rapidamente ás súas negociacións e aos seus
negocios, que vén a ser a mesma cousa.
Así que hoxe por hoxe é imposible ningunha
unidade de acción, porque UGT e CCOO non queren
acción. O que deben facer os afiliados e
afiliadas destes dous sindicatos que realmente
queiran colaborar na unidade da clase
traballadora é darse de baixa na afiliación
destes dous sindicatos e apostar por
o
sindicalismo combativo.
Vivimos nunha democracia condicionada polos
mercados?
Mandan nos países libres os gobernos elixidos
democraticamente polos cidadáns a través de
eleccións ou, pola contra, os que teñen a
última palabra son os partidarios das políticas
neoliberais dos mercados e dos bancos?
Quen creou a crise que levou a millóns de
traballadores ao paro e ao desespero? Os
propios traballadores que están a sufrir as
consecuencias desta ou os grandes especuladores
inmobiliarios que se enriqueceron de forma
desorbitada a custa de que a metade dos
traballadores estean hipotecados e a outra
metade no paro?
Se reflexionamos con racionalidade sobre estes
interrogantes, chegaremos á conclusión de quen
é os responsables da situación pola que estamos
a pasar. Así obteremos a clave do que teremos
que facer cando sexamos convocados para dar o
noso veredicto nas urnas.
Fichaxe de ex presidentes
Paréceme mal que os ex presidentes acepten
contratos de grandes empresas para exercer como
asesores ou para sentarse nos consellos de
administración, pois, aínda que dende o punto
de vista legal estean autorizados para facelo,
non creo que o estean dende o moral. As
fichaxes de Felipe González por Gas Natural e
José María Aznar por Endesa a cambio de soldos
millonarios, e sen renunciar ao seu salario
vitalicio como ex presidentes, prodúcenme
repugnancia por incompatibilidade moral co
cargo democrático
que ocuparon. Que
os ex presidentes se aproveiten da notoriedade
e os privilexios que dá o poder para
enriquecerse e enriquecer empresas non é
correcto. Por outra parte non me estraña que os
que foron defensores, un da industria nuclear e
outro negacionista do cambio climático se vaian
a empresas onde lles pagarán por defender eses
mesmos criterios.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript