xaneiro de 2011
 
 

10/01/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

A privatización non mellora os servizos

Bombardéannos constantemente con mensaxes que inciden en que a privatización mellora e abarata servizos. Mentres adormecen as nosas mentes co bombardeo as privatizacións avanzan diminuíndo, deteriorando e encarecendo paulatinamente os servizos á cidadanía.
O privado só entende de rendibilidade económica.

 

  • Noticias relacionadas

 

O privado só entende de rendibilidade, para conseguilo ten que acontecer, algún dos dous supostos (ou os dous ao tempo):

 

  • Incremento da produtividade en base á diminución do número de traballadores/as e/ou dos seus salarios, co conseguinte incremento da explotación e incidencia directa na súa eficacia.
  • Incremento dos prezos para que a ganancia sexa a “óptima”.

 

Todos os servizos e empresas privatizadas entraron e entrarán nesta roda, se non hai ganancia non serán de interese para o capital privado.

A gran mentira é que a liberalización de servizos provocará a caída de prezos e incremento da súa “eficacia” pola competencia...Mentira, a liberalización de servizos o único que fai é que máis axentes interveñan na oferta de produtos/servizos ao mercado. Pero esa oferta está amañada, as compañías encárganse de pactar os prezos de forma que o consumidor, ao final, non nota que hai máis competencia senón unha oferta máis ampla con prezos amañados e, en definitiva, esa suposta competencia non favorece ao consumidor. Non hai máis que ver o acontecido na telefonía en España. Dende que se liberalizou o servizo, infinidade de compañías ofertan o servizo con tarifas pactadas entre elas, tarifas que fan necesario contratar a unha asesoría para poder interpretalas. O resultado é que pagamos igual ou máis polo servizo. Iso si, podemos cambiar de compañía, pero dá igual, o roubo manifesto prodúcese en todas.

Segundo os últimos datos referidos a monopolios privatizados:

A gasolinas cústannos en torno a unha media dun 7% máis de media que aos nosos veciños europeos e iso antes de impostos. Só daneses e italianos pagan máis.

Nas telecomunicacións, o último estudo da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT), publicado en decembro, deixou ben claro que é aínda peor, aboamos por navegar por internet ata un 21% máis que a media do que se paga no resto da Unión Europea.

O gas, acaba de subir un 4%.

A luz, servizo que non para de encarecerse, case un 50% nos últimos catro anos, e cuxa última suba a partir deste mes nos supoñerá unha media de 6,77 euros por vivenda e mes, segundo a análise realizada pola asociación de consumidores Facua.

Todos eles (enerxía, telecomunicacións, carburantes ou transportes) son mercados liberalizados nos últimos anos polos gobernos do PSOE e do PP.

Como as grandes compañías se reúnen para fixar prezos, realmente funcionan coma si se  tratase dun monopolio. E un monopolio en mans privadas é unha das maiores garantías de roubo e saqueo sistemático do benestar social que se poida concibir.


 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript