xaneiro de 2011
 
 

10/01/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Os produtos básicos tamén soben

A subida de prezos non só afecta a elementos máis mediáticos como o prezo da luz, dos derivados do petróleo… tamén bate marcas en produtos básicos da cesta da compra.
O incremento notarase na práctica totalidade de produtos e chegará a romper moitos orzamentos familiares.

 

  • Noticias relacionadas

 

Por exemplo, os datos de decembro sinalan un incremento moi notable ao longo do 2010 de catro produtos básicos, como as cebolas, as patacas, os tomates e as leitugas, que se encareceron ao longo do exercicio un 11,4%, un 10,9%, un 7,36% e un 6,47%, respectivamente.

Non foron os únicos produtos frescos «superinflacionistas», porque o prezo do salmón remontou un 8,66%. No apartado de alimentos non envasados (Industria compara as 30 referencias que máis se consomen nunha familia media) hai máis incrementos, como os das anchoas (4%), os pementos verdes (6,4%) e as acelgas (3%), o pan tamén subirá 5 céntimos.

No último mes do ano que acaba de terminar as subidas de prezos máis intensas corresponderon á bacaladilla, as sardiñas, os pementos verdes, a tenreira de primeira, o xurelo e o aceite de oliva

No grupo de produtos envasados o tomate natural, o kétchup e a cervexa encarecéronse un 4,6%, un 3,1% e un 1,2%, respectivamente.

O camiño está marcado, o empobrecemento será xeneralizado salvo para o empresariado e intermediarios sen escrúpulos que farán desta crise o seu filón. Como en todo o proceso de crise capitalista, os traballadores/as seremos os/as que acabemos pagando.


 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript