Agosto de 2010
 
 

03/01/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


 

Por que pediron carbón aos Reis Magos?
Todo parece indicar que, a instancia do noso Goberno, os Reis Magos van obsequiarnos con inxentes cantidades de carbón autóctono, o que vai encadear un enorme incremento da factura eléctrica, á vez que a das nosas emisións de CO². Ignoro os motivos polos cales o noso Executivo, lonxe de optar por unha revolución enerxética renovable capaz de reconverter a un sector obsoleto, opta pola absurda potenciación dunha enerxía desfasada propia do século XIX que, ademais, atenta gravemente contra a nosa saúde e os nosos petos.
Corrixir a carta aos Reis pedíndolles enerxías renovables sería o máis intelixente que podería facer o noso Goberno, xa que constitúen un triplo regalo ao crear empregos, autosuficiencia enerxética e combater ao principal inimigo: o cambio climático que ameaza especialmente á nosa bonita península.

               

 

Medidas anticrise e antisociais
O economicismo calou durante os últimos 30 anos ata o miolo das nosas sociedades. Xa non nos preguntamos se unha iniciativa é boa ou mala en termos éticos, senón se é eficiente, produtiva ou se afecta ao déficit. Pasamos de consideracións morais e humanistas a fríos termos de perdas ou ganancias.
É moral a supresión das axudas aos parados? As pensións de subsistencia que teñen a maioría dos anciáns? Non, pero supoñen un aforro para as arcas do Estado. É socialismo a política de privatizacións? Tampouco, pero inxecta liquidez. Pero se o Estado privatiza as súas responsabilidades para connosco, que vínculo mantemos con aquel? Que nos queda do concepto de sociedade? Só individuos carentes de protección e a expensas da caridade? Estamos sós, pero non anestesiados. É agora cando a nosa voz democrática debe facerse oír máis forte e clara que nunca.

 

O Goberno, obstinado en xubilarnos aos 67
Se a media real de xubilación é aos 63 anos, non entendo a obstinación do Goberno en alongala aos 67. Se do que se trata é de que cobremos menos, abondaría con levar a efecto a idade oficial actual de xubilación cunha penalización se non se cumprise, ampliar o cómputo de anos para o cálculo, a proporcionalidade e implementar as medidas de forma progresiva. Pero o Goberno pretende dar un sinal máis de que non lle tremerá o pulso á hora de tomar medidas que satisfagan ás axencias de cualificación e aos mercados. O Pacto de Toledo consensuou o informe coas súas recomendacións para a reforma. Agora queda en mans do Goberno a decisión de telas en conta e buscar o consenso co resto de forzas políticas e cos sindicatos. De non ser así, a paz social estaría en perigo e veriámonos abocados a unha posible folga xeral, que só viría a engadir máis problemas á xa complicada conxuntura actual.

Os servizos esenciais e a renda dispoñible
É realmente indecente o aumento das tarifas eléctricas para 2011. É escandaloso que, en momentos de crise estrutural, as compañías eléctricas (co visto e prace do Goberno) nos vingan con aumentos do 10%.
É denigrante que se pida austeridade para todos (sobre todo para a xente con rendas máis baixas) e que dende 2007 as tarifas da electricidade subisen un 50%, cando a inflación, neste período de tempo (2007-2010) aumentou un 12% e, o máis importante, a renda per cápita baixou un 5%.
Non pode ser que os servizos básicos, os servizos indispensables para a poboación (auga, gas, electricidade e Internet) aumenten moi por enriba do custo da vida.




 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript