xaneiro de 2011
 
 

10/01/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Os CAF tamén critican que Barja non votase contra o plan financeiro da Xunta

Os alumnos critican a postura da Universidade con respecto aos presupostos. Foi o voceiro nacional dos Comité, Marcos Loureiro, quen se queixou de que a actitude da entidade educativa non foi o suficientemente tallante durante a aprobación das liñas de financiamento que rexerán o próximo ano.
Ante este escenario de redución na achega da Xunta ao financiamento das universidades estas sitúanse no esquema de degradar aínda máis os servizos que ofrecen ou acelerar a súa externalización.

 

  • Noticias relacionadas

 

A pesar de que a repartición foi desigual coa institución que dirixe José María Barja, e de que nin el nin o seu equipo reitoral estaban de acordo con esta distribución, non votou en contra da proposta da Xunta, facendo un "exercicio de responsabilidade". Pero ao sindicato estudantil, esta actitude resúltalle condenable.
Loureiro explicou que se Vigo e Santiago se pronunciaron a favor do plan foi porque lles beneficia, pero non entenden que esta sexa a vía para a capital herculina que, en lugar de absterse, debería ter votado en contra. Así o manifestarán na próxima reunión do Claustro e declárano xa na súa páxina web.
A Coruña só mereceu un 27% do total dos fondos que se repartirán en 2011. Por esa razón o equipo reitoral queixouse varias veces dunha "inxustiza". Non obstante, e tal e como explicou Barja, para non romper a harmonía coas demais entidades noutros aspectos, optouse pola abstención, a pesar de que as cantidades non satisfán os seus intereses.

Resulta que Comités son a asociación con maior presenza nas xuntas de facultade da cidade, polo que consideran que a súa opinión debería ser tida en conta neste tipo de decisións. Nas últimas eleccións, os Comités volveron "arrasar" en todas as titulacións do campus coruñés. De feito, os seus votos contábanse como afíns á candidatura de Barja ao Reitorado e por ese motivo, chama máis se cabe a atención o feito de que se opoñan de xeito tallante á súa postura.
Pero esta non é a única crítica que merece o plan de financiamento en opinión do grupo que encabeza Loureiro. O investimento do 0,72% do PIB galego nas universidades supón a xuízo do voceiro, unha cifra insuficiente, sobre todo se se compara coa doutros países europeos. Por iso estudan xa métodos para poñer en marcha un modelo de financiamento distinto. Este debería garantir polo menos un esforzo a curto prazo que aumente a cifra ata conseguir o 1,5% do Produto Interior Bruto galego.
Na súa opinión, as universidades da comunidade encóntranse nunha situación económica "incerta" e que viu como se hipoteca a cinco anos vista o diñeiro destinado á educación superior. Segundo apuntan, a primeira condición necesaria para que se poida saír adiante é concibir un Sistema Universitario Galego (SUG) integrado e establecer un plan financeiro que se alimente dun modelo onde o goberno impoña con claridade o papel que a Universidade debe desenvolver en todo o país.
Deste xeito, as entidades da comunidade deberían contar cos recursos económicos necesarios para garantir unha docencia pública -termo sobre o que fan fincapé- e de calidade e, sobre todo, unha capacidade investigadora que xere coñecemento e o transfira.

 Para iso consideran imprescindible que, por exemplo, cre un fondo de garantía de acceso e permanencia aos estudos. Mediante esta ferramenta, sosteñen, débese garantir que a medio prazo, as universidades poidan ofrecer o acceso en igualdade de condicións ao alumnado e a súa permanencia na universidade.
Piden ademais un fondo estrutural que permita e sufrague o gasto común de maneira que as universidades poidan funcionar sen as xa tradicionais dificultades económicas.
Outra das novidades requiridas polos Comités son os fondos por obxectivos e de integración do SUG, nos que se especifiquen os obxectivos que cada Universidade debe conseguir no período de vixencia do plan. Deste xeito modo, poderase iniciar o camiño do desenvolvemento equilibrado do potencial existente en todos os centros da comunidade.

Fonte: El Ideal Gallego

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript