xaneiro de 2011
 
 

03/01/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Subida da electricidade, aínda por riba temos que aguantar que nos tomen de coña

Sóbenos a luz para que as empresas eléctricas repartan 3.556 millóns de ? entre os seus accionistas... un café menos din. As tres grandes compañías enerxéticas españolas -Iberdrola, Endesa e Gas Natural- repartiron este ano 3.556 millóns de euros entre os seus accionistas por concepto de dividendo e 4.589 para o 2011. Total, un café menos para todos din.

 

  • Noticias relacionadas

Segundo Cotizalia esta retribución é posible grazas aos beneficios de cada exercicio.

Esta política de remuneración converte a estes valores nuns dos máis atractivos para os investidores. Endesa aboou 1.079 millóns en 2010 e podería elevar ata os 2.147 millóns durante 2011, segundo estimacións de analistas, que na súa maioría irá ás mans da italiana Enel, que controla o 92% das accións. Iberdrola pola súa banda pagou este ano 1.747 millóns e repartirá 1.640 millóns o que vén, mentres que Gas Natural distribuíu 730 millóns en 2010 e elevará esta cantidade ata os 802 millóns.

Para o portavoz de Facua, Rubén Sánchez, “o Goberno debería escoitar aos cidadáns e cambiar a súa política enerxética, encartada a intereses empresariais, en lugar de insultalos con declaracións vergonzantes como as realizadas o pasado xoves polo ministro de Industria

“Descoñecemos en que establecementos tomará café o ministro”, indica Sánchez. “Pero por moito que tente minimizar a subida con comparacións enganosas, o certo é que ningún cidadán quere privarse de almorzar un ou máis días ao mes para engordar os multimillonarios beneficios das eléctricas e os bonus dalgúns dos seus tamén multimillonarios directivos”, engadiu.

Facua calcula que a subida da luz do mes de xaneiro encarecerá a factura mensual do usuario medio en 6,77 euros, isto é, en 5,46 euros máis o 24,03% que representan os impostos sobre a electricidade e o IVE. Esta cifra supón máis do dobre dos 3,2 euros anunciados polo Goberno para un fogar tipo medio, cuxas características non fixo públicas.

Por outra banda, a subida do gas (do 3,9%, de media) dependerá da tarifa do cliente. Para un fogar sen calefacción a gas, subirá en xaneiro un 4,14% (uns 0,56 euros ao mes), mentres que para os que si usan este combustible para calefacción, o alza será do 3,87%, ao redor de 1,66 euros mensuais.

A bombona de butano, que usan uns oito millóns de fogares, custará a partir de xaneiro un máximo de 13,19 euros, un 3,13% máis.

Os trens de proximidade e Media Distancia subirán un 3,1%, salvo a Media Distancia de Alta Velocidade, cuxo prezo crecerá un 4,8%. Os billetes de Alta Velocidade e Longa Distancia custarán un 2,3% máis.

Logo de dous anos conxeladas, as taxas aéreas soben de media un 3,9%, aínda que Aena asegura que son un 56% máis baratas que a media europea.

As autoestradas soben o 1,4%, a viaxe de Coruña a Vigo custará 13€.

Correos sobe un 3%, a carta ordinaria dirixida a outro lugar do estado pasa de 0,34€ a 0,35€.

Hipotecas, increméntanse en 0,28 puntos

Bus urbano Coruña en 2011 a tarifa en metálico sube 4 céntimos: de 1,10 a 1,14. O pago coa Millenium pasa de 69 a 71 céntimos.

Bus urbano Ferrol, xa é un dos máis caros do estado, actualmente en efectivo 1’30 € con tarxeta 0’72 €

Pola súa banda, o prezo do billete de autobús interurbano subirá un 1,7%.

Como non podía ser doutro xeito o pan tamén subirá, neste caso, 5 céntimos.

Ovos e café suben. tamén, un 6%

Mentres os salarios, pensión, prestacións… conxelados, cando non cada vez diminúen máis ou desaparecen.




 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript