xaneiro de 2011
 
 

03/01/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O reino de Marrocos será denunciado por xenocidio en contra do pobo saharauí

Esteban Silva Presidente de la Asociación Latinoamericana de Amigos da RASD visitou xunto a unha delegación internacional composta por peruanos,finlandeses e cidadáns do estado español a zona liberada baixo control do exército e o goberno Saharauí no Sahara occidental.

 

  • Noticias relacionadas

 

Esteban Silva Presidente de la Asociación Latinoamericana de Amigos da RASD visitou xunto a unha delegación internacional composta por peruanos,finlandeses e cidadáns do estado español a zona liberada baixo control do exército e o goberno Saharauí no Sahara occidental, constatando no terreo o alto grao de organización e presenza do seu goberno e exército, o que desmente contundentemente a propaganda marroquí que intenta facer crer erroneamente ao mundo que o pobo saharauí non exerce soberanía nin controla parte do seu territorio.

Silva foi recibido polos oficiais do segundo batallón e por Hama Salama, comandante da Quinta Rexión e membro do Secretariado da Fronte Polisario.

Finalmente sostivo unha reunión co Presidente da RASD Mohamed Abdelaziz, con quen analizou a actualidade e vixencia da resolución 1514 da ONU que consagra o dereito dos pobos á descolonización e a conferencia internacional sobre ela en ocasión do seu cincuenta aniversario realizada recentemente en Alxer. Silva informou o Presidente saharauí que en toda América latina denunciaran ao Reino de Marrocos por xenocidio ao pobo saharauí para que compareza ante a xustiza en calquera país ao que visite.




 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript