xaneiro de 2011
 
 

03/01/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O novo financiamento das universidades. Que papel se asigna ao PAS?

Está claro que o financiamento das universidades está dando un xiro radical. Dun reparto en función de variables coma a do número de alumnos/as matriculados/as pásase a un reparto en función de variables que medirán a “eficiencia”. Pero nesta nova etapa, qué papel se nos reserva ao PAS?.

 

  • Noticias relacionadas

 

O ano próximo as cousas seguirán máis ou menos como ata agora, pero a partir de 2012 o financiamento comezará a establecerse en función de novos criterios, fundamentalmente o de eficiencia. Ese primeiro ano un 10% do presuposto que a Xunta destine ao ensino universitario repartirase sobre a base dela, porcentaxe que irá incrementándose ata alcanzar o 30% en 2015 (Valencia, por exemplo, fixouno nun 71% en 2013). Chegado ese momento, repartiranse de acordo ao baremo de eficiencia 135 millóns de euros dos 390,3 millóns que a Xunta asigna anualmente ao ensino superior. Polo menos ese é o compromiso alcanzado polos reitores e o conselleiro de Educación.
A eficiencia de cada unha das tres universidades galegas, e, en consecuencia, unha parte importante do diñeiro que cada unha delas recibirá da Xunta medirase en función dunha vintena de indicadores xa acordados. . Establecidos os criterios, queda por definir tan só cales pesarán máis na repartición dos fondos e como se avaliará cada un.

Parece que para a consecución dos obxectivos marcados debería existir un proxecto colectivo no que o PAS estivese integrado e se beneficiase, tamén, dos logros conseguidos mais:

Debido á precarización dos postos e funcións (PDI en postos propios de PAS, contratos tipo LABORA, alumnos facendo funcións propias do PAS mediante bolsas, ETT`s, privatizacións…). Sentídesvos valorados e pensades que a vosa función é imprescindible?.

Pensades que a dotación dos servizos e formación son suficientes?

Sentídesvos estimulados/as, incentivados/as, para unha mellor realización das tarefas encomendadas?

Sen o primeiro elemento que o fai posible, as RPT que reflictan necesidades reais e a profesionalización da xestión comprometida. Pensades, de verdade, que se propicia o exercicio real da carreira profesional e a promoción horizontal e vertical?

Nunha mesma empresa non se pode dar a situación de que os traballadores, en función do colectivo ao que pertenzan teñan diferente acción social. Pensades que as vosas prestacións sociais son equiparables ás do persoal docente?.

Non vos imos facer máis preguntas. Somos conscientes que toda a estratexia deseñada a todos os niveis desde a cúpula da universidade ten un único destinatario, a comunidade universitaria queda para discursos e para escribir en documentos tipo estatutos e regulamentos. A realidade coñecémola e padecémola cotidianamente.

O papel que se nos reserva na nova situación pola que atravesará a universidade non mellorará, porque se entende, como nos mellores tempos, que a universidade é cousa exclusiva de dous colectivos. Os suxeitos da educación son o educador e o educando, todo o demais é irrelevante, aleatorio e prescindible (isto último, con respecto a algunha categoría profesional, manifestado directamente polo reitor).


 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript