Número 64 - 03 xaneiro 2011
 
 
    LABORAL

    O goberno do estado xa decidiu o retraso na idade de xubilación aos 67 anos, tamén incrementará o período de cómputo pasando dos 15 últimos anos (agora) aos 20 ou 25 últimos anos. Isto nunha primeira etapa, porque xa se comeza a barallar a posibilidade de que se compute toda a vida laboral. Como xa dixemos noutras ocasións subir de 15 a 20 anos o tempo de cómputo suporá unha perda do 6% nas pensións. Se o cálculo se fai computando os últimos 25 anos, perderemos o 10%, e, de terse en conta toda a vida laboral, a perda será do 20% da prestación.

    A un ataque sen precedente aos dereitos de traballadores e traballadoras, desempregados/as, estudantes e xubilados/as só se pode dar resposta con medidas do mesmo nivel.

UNIVERSIDADE

    Está claro que o financiamento das universidades está dando un xiro radical. Dun reparto en función de variables coma a do número de alumnos/as matriculados/as pásase a un reparto en función de variables que medirán a “eficiencia”. Pero nesta nova etapa, qué papel se nos reserva ao PAS?.

GALEGO

    Compilamos aquí algunhas iniciativas que poden contribuír a comezar o 2011 en galego. Propostas de agasallos, presentacións, recursos, postais..., e de paso, aproveitamos para desexarvos desde a CTNL a todas e a todos un feliz ano, que agardamos que sexamos quen de facer que sexa de avances para o galego.

2010

    "A Sida é unha forma de xustiza", "O aborto é cousa de bolxeviques" ou os "morritos" de Leire Pajín. Acusacións, saídas de ton, frases máis ou menos acertadas ou directamente insultos... Algunhas divertidas, outras incualificables.
    Perlas que políticos, deportistas e outras personalidades con proxección pública soltaron durante un 2010 que xa se remata e que as hemerotecas non esquecen.

   LOTERÍA

Tocounos un belisco na lotería

    Pódese cobrar a partir do día 30 de decembro en calquera sucursal de CAIXANOVA. No caso de que vos poñan algún problema solicitade que chamen á sucursal de Coiro (Cangas) para se informar.
    Tamén, os martes e xoves de 18:30 a 20 horas no local do sindicato, Ronda de Outeiro, 276, entrechán nº 9.
    Ou ponte en contacto connosco.

    
  •   
 
 POLÍTICA - CONSUMO
    As tres grandes compañías enerxéticas españolas -Iberdrola, Endesa e Gas Natural- repartiron este ano 3.556 millóns de euros entre os seus accionistas por concepto de dividendo e 4.589 para o 2011. Total, un café menos para todos din (pagamos todos/as cobran eles).
    Mentres, Facua-Consumidores en Acción calcula que a suba na tarifa da luz en xaneiro supoñerá un encarecemento de 6,77 euros ao mes para o recibo eléctrico dun consumidor medio, o que supón máis do dobre dos 3,2 euros ao mes anunciados polo Goberno.

     

    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

  ECOLOXÍA
    Desde a rede de colectivos “Galiza Non Se Vende” queremos sumar a nosa voz ao que xa vai sendo un clamor popular a prol dunha folga xeral urxente, que debe ser continuada con todo tipo de mobilizacións (paros, boicots, activismo…) até que se faga realidade un cambio de rumbo nas políticas sociais e económicas.

     

  SAHARA
    Esteban Silva Presidente de la Asociación Latinoamericana de Amigos da RASD visitou xunto a unha delegación internacional composta por peruanos,finlandeses e cidadáns do estado español a zona liberada baixo control do exército e o goberno Saharauí no Sahara occidental.
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript