03/01/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Orzamentos
para quén?
Xa vemos o que nos vai traer o 2011, máis do mesmo, nada.
Os orzamentos aprobados nestes días a alguén
beneficiarán. A min chéirame que aos de sempre.
Cada un que asuma as súas responsabilidades.
Este ano hai eleccións a Reitor. O PAS, está
claro que non pintamos nada, polo menos que non
nos quenten a orella prometéndonos o que logo
non cumprirán. Xa dixéchedes en moitas ocasións
o que non se cumpriu. Mentres que o que se
prometeron non se cumpran que non conten co meu
voto e pídovos a vós e a todo o PAS que faga o
mesmo.
Sobre a democracia: domesticados e ben alimentados
Na Transición pasouse dunha
ditadura fascista a unha democracia sen que
nada cambiase para non incomodar os piares que
sustentaron durante 40 anos á ditadura, a
saber: poder económico, poder militar e poder
relixioso. Vivimos unha falsa democracia, onde
o Partido Comunista acudiu á Zarzuela a
presentar os seus respectos ao monarca
designado por Franco como sucesor. Unha
democracia que logrou domesticar o movemento
obreiro convertendo a maioría de sindicatos en
organizacións subvencionadas. Unha democracia
subxugada ao Vaticano, que permite á Igrexa
católica conservar uns privilexios que
obtiveron de xeito moi pouco cristián e que
converteron un golpe de Estado e un xenocidio
nunha santa cruzada. Unha democracia na que as
normas as dita o poder económico, que manterá o
seu status e os seus beneficios por enriba de
calquera ben común.
O paso da ditadura á democracia foi só nominal:
cambiouse a pintura mantendo a estrutura
interior.
Vieiros, A Nosa Terra… e agora CNN+. O dereito a ter outros medios de
comunicación
Que e quen nos oprimen a capacidade de pensar,
sentir, gozar e entristecernos? Iso suxeriume a
noticia do peche da cadea de televisión CNN+.
Máis alá do enaltecemento de calquera
profesional do periodismo, creo que é grave o
empobrecemento, non exclusivamente económico,
senón tamén humano, que só parece tolerar
falsos debates televisivos que encirran broncas
e pretenden distraer estimulando os máis baixos
instintos
A axuda que non debeu desaparecer
O Goberno eliminou a prestación de 426 euros para os parados de longa
duración co obxectivo de aplacar os mercados e
reducir o déficit. Isto supón unha pésima
noticia, xa que este cheque cumpría un gran
labor social a pesar de que a dereita máis
reaccionaria o acusase de desincentivar a busca
de emprego. A isto habería que responderlles
que esta prestación tiña unha duración de
apenas seis meses, sempre e cando se recibise
unha formación e os ingresos da familia fosen
inferiores ao 75% do salario mínimo. Por iso
sería preciso que se volvese aplicar, non só
porque facía que 688.000 persoas recibisen
algún ingreso, senón porque o que custa mantelo
son apenas 1.392 millóns. Só con restablecer o
imposto de patrimonio, que gravaba a tenza de
bens e inmobles superiores a un millón de
euros, obteríanse 2.120 millóns, que darían
para manter a prestación e pagar parte da
débeda
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript