27/12/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O Valedor do Pobo rematou a investigación "provisional" sobre o caso. Benigno López confirma as irregularidades en todo o proceso. Entre os defectos destaca a participación como examinadores de funcionarios que non deberían ter participado por seren familiares de candidatos
Con todo, López destaca que a Xunta xa
tomou medidas para corrixir esta eiva. A
directora de recursos humanos del Servicio
Galego de Saúde (Sergas), Esperanza Fernández
Lago, relevou a Rosario García Villadangos como
presidenta do tribunal da oposición de
enfermería
. A Xunta tomou esta decisión tras as continuas
denuncias socialistas. O PSdeG volveu a pedir
hoxe a demisión da directora xeral de Recursos
Humanos do SERGAS.
Os "incumprimentos e irregularidades" atopados
polo Valedor afectaron a "case todas as fases"
das oposicións ao Sergas, xa que se observaron
na designación dos membros dos tribunais, nas
causas de abstención deles, nas funcións e
responsabilidades dos tribunais, nos procesos
de elaboración dos contidos dos exames, nas
actuacións do persoal colaborador do tribunal,
en custódiaa dos contidos dos exames e no
proceso de corrección", entre outros intres.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript