Número 63 - 27 decembro 2010
 
 
     LOTERÍA DE NADAL, COMO COBRAR
     UNIVERSIDADE

    O Plan de Financiamento non modifica, na práctica, o Capítulo I. Non obstante a presión sobre o colectivo de PAS vaise facer cada vez máis abafante.

    A RPT de PAS laboral está xa decidida, 17 prazas. Non só non se cumpriu, desde 2005, o que establecen os Estatutos e Convenio (que determinan que as RPT serán obrigatorias cada dous anos), senón que lles parece axeitado un incremento de 17 prazas en cinco anos. Mentres as ETT seguen funcionando na institución dun xeito regular, e as privatizacións seguirán sendo o pan noso de cada día.

    En 2011 corresponde a elaboración dunha nova RPT de PAS funcionario.

UNIVERSIDADE

    O ano vindeiro máis recortes económicos e sociais, a RPT sairá baixo mínimos..., seguro que laboralmente non seremos máis felices e o reitor magnífico non axudará a que o sexamos.

SANIDADE PÚBLICA - FERROL

Comunicado da Plataforma ao respecto do concerto do SERGAS co Hospital "Juan Cardona"


    A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Ferrol diante do acordo tomado polo Consello da Xunta de Galicia esta semana no que se acorda prorrogar por un ano máis o concerto que o Servizo Galego de Saúde mantén co Hospital “Juan Cardona” queremos manifestar o seguinte:

ECONOMÍA

    Neste post, publicamos unha interesante entrevista que realizan membros da Asociación de Estudantes progresistas da Universitat Pompeu Fabra ao Profesor Vicenç Navarro sobre a crise actual. Vicenç Navarro explica dun xeito claro os porqués da aplicación das políticas neoliberais, abordando outras alternativas posíbeis ...

GALEGO

    A Mesa valora con preocupación o contido das tres sentenzas do Tribunal Supremo sobre o uso do catalán como lingua vehicular do ensino en Cataluña dadas a coñecer no día de onte, ao tempo que rexeita o “espírito de fondo” das mesmas, na liña do denunciado polo movemento normalizador catalán, por constituíren “un ataque á convivencia e a cohesión social” do Principado, ao tempo que ás competencias propias que en materia de ordenación do sistema educativo teñen as comunidades autónomas.

    
  •   
 
 LABORAL
    Os líderes sindicais dos sindicatos estatais maioritarios reuníronse en secreto, o domingo 19, co presidente Zapatero, resulta agora que, despois de facerse pública a reunión desde fontes do goberno, os sindicatos aínda hoxe non recoñecen tela feito.

     

    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Dado o que nos está a caer enriba non é de estrañar o incremento de cartas recibidas e o motivo que as inspiran.

     

  ECOLOXÍA
    A COP16 de cambio climático finalizou deixando de lado as propostas da xustiza climática, relacionadas co aumento de temperatura máximo, a responsabilidade dos países industrializados na mitigación e na continuidade do Protocolo de Quioto, na forma en que se leve a cabo o financiamento e nos mecanismos baseados no mercado.

     

  XUNTA - OPOSICIÓNS
    O Valedor do Pobo rematou a investigación "provisional" sobre o caso. Benigno López confirma as irregularidades en todo o proceso. Entre os defectos destaca a participación como examinadores de funcionarios que non deberían ter participado por seren familiares de candidatos.
    ECOLOXÍA - SAÚDE PÚBLICA

    Segundo os datos compilados por Ramón Varela, ex-presidente de ADEGA e un dos maiores expertos en contaminación de Galiza, a concentración de óxidos de nitróxeno (NOx) no ar das principais cidades galegas superou este ano os límites legais (220 ug/m3 e hora).

    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript