27/12/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Como podemos confiar neles
Comprometeron o 5% do
orzamento de PAS para a RPT, eses cartos “desapareceron”
porque o orzamento que se presenta non varía
substancialmente, sofre exclusivamente o
recorte que sufriu o soldo.
Onde van os cartos?. Porqué se nos castiga a
traballadores e traballadoras?. A política
segue sendo coma antes os beneficiados seguen a
ser os mesmos. O PAS no último da escaleira.
Encarecemento na cesta da compra
Segundo os datos do último trimestre do ano -e
tal como sucede sempre nas datas do Nadal-, os
produtos básicos encarecéronse unha media do
2,2%, sendo as froitas, verduras, peixes e
carnes as que rexistraron maiores subidas. Non
existe fórmula máxica, hoxe por hoxe, para
comprar unha pescada gorda que pese menos, nin
supermercado ao que dirixirnos achando os
mellores prezos. Así que non hai outra solución
que agudizar o enxeño e buscar as ofertas do
día ou comprar marcas brancas e produtos de
tempada para que os nosos pelados petos nolo
poidan agradecer, aínda a custa de ir de acá
para alá empregando moito máis tempo nas
compras.
Os comercios téntannos, tal como é a súa obriga,
pero as recentes rebaixas de salarios, xunto á
conxelación das pensións, fixeron unha
importante rotura na cesta
da compra familiar
A proposta da OCDE de ampliar a idade de xubilación
A OCDE pide atrasar a idade
de xubilación no estado español máis alá dos 67
anos. Curiosa a oportuna presión dos organismos
internacionais para avalar a política do
Goberno. Pena que cando as cousas van ben non
aconsellen medidas que favorezan os
traballadores.
A impotencia dos cidadáns e as comisións bancarias
Unha ten a sensación de
estar atrapada nunha gran sucursal bancaria
onde, ingreses o diñeiro que ingreses, non fan
máis que cobrarte comisións. Comisións para
pagar as xubilacións anticipadas de
traballadores de caixas e bancos; para pagar a
débeda que provocaron as financeiras; para
pagar os erros doutros labores máis alá das
nosas fronteiras; para pagar contratos
blindados. Mentres, os curritos que aínda
contamos cun soldo traballamos o mesmo ou máis
por un salario menor e encontrámonos impotentes
ante o que son capaces de facer uns
privilexiados do aire. Impotentes tamén ao ver
como os impostos se reparten entre catro
entidades bancarias insaciables. E, sobre todo,
impotentes ao saber que estamos a mercé de da
flutuación no parqué e as decisións doutros
países.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript