20/12/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
En xaneiro non só chegarán as medidas políticas contra os nosos intereses (incremento na idade para a xubilación e incremento do período de cómputo), no novo ano, a parte da conxelación nas pensións, dos despidos sen indemnización, retirada dos 426 euros a parados e paradas, do rebaixe xeneralizado nos salarios e da precarización laboral absoluta, traerá un incremento xeneralizado nos produtos e servizos básicos.
A luz subirá un 10%
(o 50% en dous anos), moito por riba do IPC.
Impoñerannos, deste xeito, a tarifa máis alta
da Unión Europea, só por debaixo da de Alemaña
e da Dinamarca.
A cesta da compra, incrementouse nun
2,1% no último trimestre do ano e, segundo as
previsións seguirá subindo.
A suba do petróleo e, por extensión, dos
combustibles. En Galicia, o prezo da gasolina
de 95 octanos alcanza os 1,259 euros por litro,
un 16,7% máis caro que hai un ano, mentres que
o diesel roza os 1,176 euros/litro, despois de
subir máis dun 21% nos últimos doce meses. A
subida dos prezos nos combustibles repercutirá
nun incremento xeneralizado dos de todos os
produtos, que verán repercutido este
incremento.
Tabaco. As principais tabaqueiras xa
subiron os seus prezos, de acordo coa alza de
impostos aprobado polo Goberno.
Butano. Despois de tres subas no que vai
de ano, a bombona de butano custa xa 12,80
euros. Este produto depende da cotización do
barril do petróleo, o que asegura novas subas
en xaneiro.
Tren. Renfe propoñerá elevar nun 3,1% os
billetes dos servizos de Proximidades e Media
Distancias convencionais.
Aluguer. A maioría dos caseiros toman
como referencia o dato do IPC de novembro para
actualizar o prezo dos alugueres, aínda que
tomando como base o IPCA (harmonizado) de
outubro, a suba será do 2,3% de media.
No caso da auga, cada concello decide os
seus propios prezos, que poderán revisar. De
todos os xeitos, Augas de Galicia xa anunciou
subas en 2011.
Bus, taxi e peaxes. En Ano Novo
revisaranse á alza os prezos dos servizos de
taxi nos municipios e do autobús, así como as
diferentes peaxes das autoestradas.
Como se pode observar un ataque en toda regra
ás nosas xa depauperadas carteiras. Fan estes
incrementos supoñendo que a capacidade de
resposta é moi limitada ou case nula.
Temos que demostrar ao goberno e aos
especuladores que non imos pasar polo aro, que
teñen á cidadanía enfrontada coas súas
políticas e disposicións económicas.
Contra o goberno, contra a avaricia sen límite
do capital, FOLGA XERAL!!!!.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript