20/12/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O vindeiro día 21
decidiranse, sen dúbida, os orzamentos para o ano
2011.
O primeiro que nos sorprende é a hipocresía da
institución que reclama ao delegado do Comité de
Empresa sixilo sobre as informacións relacionadas
cos Consellos de Goberno e, cando interesa, a
propia universidade fai pública a documentacón coas
análises pertinentes.
No xornal
La Voz de Galicia aprecía o sábado día 18
(máis na edición impresa que na da páxina web) unha
completa análise do proxecto de orzamentos que se
discutirá ese día 21
Un resumo dos datos de interese
do orzamento de 2011 son os seguintes:
Redución do orzamento nun
5,8% (7.749.755,76 €) pasando dos
137.671.770,15 € a 129.622.014,39 €
Segundo as NIC - Normas
Internacionais de Contabilidade, un pasivo
financeiro é calquera pasivo que presente unha
das seguintes formas:
Unha
obrigación contractual de entregar efectivo
ou outro activo financeiro a outra entidade;
ou de intercambiar activos financeiros ou
pasivos financeiros con outra entidade, en
condicións que sexan potencialmente
desfavorables para a entidade; ou
Un
contrato que sexa ou poida ser liquidado
utilizando os instrumentos de patrimonio
propio da entidade, e sexa: un instrumento
non derivado, segundo o cal a entidade
estivese ou puidese estar obrigada a
entregar unha cantidade variable de
instrumentos de patrimonio propio; ou un
instrumento derivado que fose ou puidese
ser liquidado mediante unha forma distinta
ao intercambio dunha cantidade fixa de
efectivo, ou doutro activo financeiro, por
unha cantidade fixa dos instrumentos de
patrimonio propio da entidade. Para este
propósito, non se incluirán entre os
instrumentos de patrimonio propio da
entidade aqueles que sexan, en si mesmos,
contratos para a futura recepción ou
entrega de instrumentos de patrimonio
propio da entidade.
Entendemos que, aquí pode ir
inclído o que se
prevé conseguir mediante ese plan de
sostibilidade, (plan para afogar ao PAS)
mediante o que se prevé alcanzar unhas fontes
extraordinarias de ingresos duns 10 millóns de
euros para o próximo bienio, dos que a metade
se poderían aplicar durante o 2011
|
FUNCIONARIOS PAS |
13.180.969,79 |
12.475.762,00 |
-5,35 |
|
FUNCIONARIOS PDI |
43.761.746,05 |
41.501.442,84 |
-5,17 |
|
PAS
LABORAL |
8.552.028,14 |
8.237.354,81 |
-3,68 |
|
PDI
CONTRATADO |
15.407.240,86 |
14.746.659,18 |
-4,29 |
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript