Número 62 - 20 decembro 2010
 
 
     UNIVERSIDADE

    O vindeiro día 21 decidiranse, sen dúbida, os orzamentos para o ano 2011.

    O primeiro que nos sorprende é a hipocresía da institución que reclama ao delegado do Comité de Empresa "sixilo público" sobre as informacións relacionadas cos Consellos de Goberno e, cando interesa, a propia universidade fai pública a documentacón coas análises pertinentes. No xornal La Voz de Galicia aprecía o sábado día 18 (máis na edición impresa que na da páxina web) unha completa análise do proxecto de orzamentos que se discutirá ese día 21

    Un resumo dos datos de interese do orzamento de 2011 son os seguintes

DENUNCIA POLO DESCONTO DO 5%

    A Sala do Social e o denunciante acordaron a suspensión dos actos sinalados para ese día porque agardan a resolución sobre a inconstitucionalidade do decreto, actualmente xa na Audencia Nacional e no Tribunal Constituconal.
    Sinalouse unha nova data na que agardan xa exista resolución sobre a inconstitucionalidade do decreto, actualmente na Audencia Nacional e no Tribunal Constituconal.

LABORAL

    O pasado xoves estivemos de novo nas rúa para demostrar que a parálise interesada non é a nosa aposta. De novo dicimos ben alto e claro que imos continuar a nós mobilizar para acadar o obxectivo dunha Galicia libre da opresión capitalista española. O proletariado galego vai continuar en pe de loita con determinación e claridade porque é consciente de que só así seremos quen de construír unha nova realidade, unha nova historia que sexa a nosa.

LABORAL

    O sistema en crise esperta hoxe debates encol dos supostos perigos da inmigración. Debates superficiais con reaccións provocadas de antemán, populistas e xenófobas. Serven como un mecanismo máis de agochamento da verdadeira natureza da crise, mais non só, tamén erguen fronteiras no propio interior da clase obreira, que veñen enfraquecer as nosas loitas e garantiren a pervivencia da orde social existente.

LABORAL

    Sabiámolo e denunciámolo en moitas ocasións, a reforma laboral non repercutirá favorablemente no emprego, todo o contrario, facilita o despedimento gratis e precariza, aínda máis as relacións laborais e o pouco emprego que quede.

LABORAL

    "O sistema está mal deseñado e hai que pór orde", contesta o director xeral, Ricardo Capilla, á manifestación dos Precarios ·· Lémbralles que as universidades non poden absorber a todos e que se só se convocan 15 prazas do programa Parga Pondal é porque así o pediron os campus.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Quedou desestimado, en todos os puntos, o recurso contencioso-administrativo contra a convocatoria para probas selectivas de auxiliares administrativos.

     

    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Dado o que nos está a caer enriba non é de estrañar o incremento de cartas recibidas e o motivo que as inspiran.

     

  ECONOMÍA - PREZOS
    En xaneiro non só chegarán as medidas políticas contra os nosos intereses (incremento na idade para a xubilación e incremento do período de cómputo), no novo ano, a parte da conxelación nas pensións, dos despidos sen indemnización, retirada dos 426 euros a parados e paradas, do rebaixe xeneralizado nos salarios e da precarización laboral absoluta, traerá un incremento xeneralizado nos produtos e servizos básicos.

     

  LABORAL
    A regulación da banca a nivel internacional pasa por, de momento, tres acordos os de Basilea I (de 1988) e Basilea II (2004) non só non serviron para dotar á economía mundial dun sistema bancario máis san, senón que o danaron aínda máis. Basilea II esixiu niveis máis altos de capitalización, pero non freou as operacións especulativas realizadas polos bancos.

     

    O MACHISMO SEGUE MATANDO

    Decembro converterase no mes máis negro do ano para as mulleres. En só 18 días, seis mulleres faleceron a mans das súas parellas ou ex parellas e outra máis, cuxo corpo aínda non foi atopado, podería engrosar esta lutuosa lista, na que en 2010 xa hai 71 nomes, unha cifra moi superior á de 2009, con 56 mortas.

    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript